Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 27 de outubro de 2016

Relato Curto de 1º de primaria.

O COLEXIO DO TERROR

Hai moitos anos, en Ponte Sampaio, había un colexio rodeado dun bosque tenebroso. Un 31 de Outubro, o colexio estaba escuro, só había un profe zombi e unha vampiresa. O patio do recreo mirábase desde fóra cheo de teas de araña. Ese día era o máis horripilante, porque había sangue derramada por todas partes.
Ese día moi cedo chegaron todos os nenos das súas casas ao cole mortos de medo ao ver luces parpadeando polas xanelas do cole. No primeiro piso víase ao profe zombi na súa clase acompañado da vampiresa.
Os alumnos, asustados, tentaron acender as súas lanternas pero estaban estragadas. Decidiron chamar á porta, TUC,TUC,TUC. Achegouse un home cheo de sangue unha pequena nena díxolle: ábrenos a porta.
A porta abriuse cun chirrido. A vampiresa saíu de clase, baixou as escaleiras e levou aos nenos á clase encantada de 1º de primaria.
Na clase atopábase o profe zombi, que ao ver aos nenos preguntoulles: que facedes aquí?
Unha nena loura e moi guapa, con voz temblorosa dixo: vimos estudar.
O profe zombi, mirando á vampiresa, dixo: paréceme unha idea xenial! Se sodes valentes pasar e acender as luces. Os nenos temblorosos foron pasando e cando o último acendeu as luces...descubriron unha gran sorpresa!!

Era o día de Halloween e os profes preparáranlles unha festa sorpresa!!!!
Comeron chuches en forma de arañas, vermes, ollos..., flocos de millo patatillas e unha terrorífica torta de chocolate. Pasáronno pipa e sempre lembraron aquel día de Halloween.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario