Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 26 de febreiro de 2017

ENTROIDO NA PONTE.

OOOLA!!!
Menuda xornada a de hoxe!!!
O tempo acompañou e tivemos un dia con sol.
Últimos preparativos, ensaios e retoques nos disfraces para saír ao patio.
Este ano houbo moitas clases que prepararon o seu disfrace na aula.
Os máis cativos escolleron ir de tigres.
A aula de catro anos de "PINCO".
 Na aula de 1º prepararon os seus disfraces de PANTALLAS.
Na clase de 4º de primaria prepararon o seu disfrace de BOTEIRO.Despois do desfile foi a lectura do
 Xuizo e  do Testamento de Don Inocencio".
Antía e Uxía lendo o xuizo e o testamento de Don Inocencio.
E como todos os anos, "CANTARICO" foi desplumado por o alumnado de infantil. 
Por último a tomar os doces que trouxeron da casa e a bailar.
Déixovos esta montaxe para que gocedes como eu.

Desfile 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Ata o próximo entroido!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario