Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 24 de febreiro de 2017

RosalíaTe


 Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das nosas grandes escritoras.
 Para conmemorar esta data tan importante, o colexio leva toda a semana inmerso en distintas actividades.
Nenos e nenas dea aula de 3 anos

 Os alumnos e alumnas decoraron nas aulas unha máscara coa faciana de Rosalía para levar durante a nosa  conmemoración.

 Ao longo da semana léronse poesías, escoitáronse  poemas musicados seus :


Prepararon uns poemas que declamaron onte.

 Comezaron os nenos e nenas de tres anos e remataron os alumnos e alumnas maiores.

 Houbo representación tanto do claustro como da ANPA do colexio.
 Por último, visionamos o poema musicado que se fixera no colexio hai catro anos!!
Algúns alumnos/as aínda están no colexio. 
Este é un resumo gráfico destas actividades.


Ningún comentario:

Publicar un comentario