Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

sábado, 3 de xuño de 2017

Educación Vial e Pontevedra Viva radio.

¡¡Que xornada máis completa tiveron os alumnos e alumnas da clase de 5º e 6º de primaria!!


 A primeira hora marcharon a Pontevedra ao circuito de Educación Vial que ten en Mollabao a Policía Local de Pontevedra. Alí puxeron en práctica todo o aprendido na escola.


Despois dunha charla inicial de formación, comezou a posta en práctica do aprendido. Fixeron de peóns, ciclistas, condutores por quendas.

Foi unha actividade da que esperamos que queden interiorizadas as boas maneiras de circular polas rúas, beirarúas e estradas.


Boa viaxe!


Eiquí tedes unha pequena mostra do acontecido.
                         Ollade que caras!!
A cousa é que despois de conducir, foron de visita á redacción de Pontevedra Viva radio. 

Despois de ver como era aquelo, gravaron un programa entrevista moi entretido e interesante. Como non foi en directo, avisaremos cando o retransmitan.

Graciñas a Policía Local de Pontevedra e ao equipo de Pontevedra Viva radio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario