Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 24 de xuño de 2018

DALLE A LINGUA 2017-2018

OOOLA!!

XA ESTAMOS SAÍNDO NA RADIO, EN ONDACERO COS RELATOS DOS "CONTOS DE MULLERES".
HOXE ÁS 11:50 COMEZAN A EMITIRSE  POLA RADIO E EN DIRECTO NA WEB, ALGUNHAS DAS HISTORIAS RECOMPILADAS PARA FACER O NOSO TRABALLO DO SALÓN DO LIBRO.
LEMBRADE QUE ESTA SEMANA DE LUNS A VENRES SOBRE AS 11:50 PODEMOS ESCOITAR NA RADIO, EN ONDACERO, AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA NARRANDO PARTE DOS RELATOS.
ESTE É O ENLACE PARA ESCOITALOS:


O RESTO DAS LECTURAS EMITIRANSE DE CARA AO MES DE OUTUBRO.
XA VOS AVISAREMOS.
BOAS VACACIÓNS e
ATA LOGO!!!

xoves, 14 de xuño de 2018

Xornada de portas abertas.


  Hoxe viñeron de visita os nenos e as nenas que van vir ao cole o próximo curso.

Estaban "os maiores" nas aulas moi nerviosos esperando por "os pequenos".

  Repartímolos entre as tres aulas de infantil e pasaron unha hora nas aulas investigando como eran, xogando, escoitando contos e merendando.
  Portáronse de medo e pasárono moi ben!
Para rematar a xornada saimos ao patio 
Xogaron no tobogán, correron e gozaron coa representación que lles fixeron as voluntarias da biblioteca que representaron “O galo Quirico” para toda a rapazada.
Tan ben o pasaron que algún quería quedar…
Quedamos en vernos todos á volta das vacacións.

Entrega de premios Pinco-retos


OOOLA!!
XA ESTÁN LISTOS OS AGASALLOS PROMETIDOS.
O VINDEIRO MARTES 19 
 NA BIBLIOTECA, Á HORA DO RECREO.
VÉMONOS ALÍ.
ATA LOGO!!!

martes, 12 de xuño de 2018

Recomendacións lectoras verán.

OOOLA!!! 
XA QUEDA MENOS PARA AS VACACIÓNS DO VERÁN.
DESPOIS DE TANTO TRABALLAR TOCA DESCANSAR.
  APROVEITADE BEN O TEMPO . 
DÉIXOVOS ESTA ESCOLLA DE LECTURAS E MÚSICA PARA QUE  TEÑADES  ONDE ESCOLLER PARA LER  AO LONGO DO VERÁN.
ESPERO QUE VOS GUSTEN.
BOAS VACACIÓNS!

xoves, 7 de xuño de 2018

Susa Herrera


Hoxe Susa Herrera visitou o colexio de Ponte Sampaio e compartimos con ela unha fantástica xornada musical como remate do proxecto dos animais que traballamos este trimestre.
Todos os nenos e nenas do centro e profes tamén gozamos aprendendo e bailando as cancións do BABUÍNO, do RINOCERONTE BLANCO, do FACÓCERO, da LLAMA, do BISONTE EUROPEO e do WATUSSI.

Antes de comezar con cada canción, Susa contábanos unha pequena historia de cada animal, das súas características máis salientables e onde vivía.

Primeiro aprendeunos a letra do retrouso, logo os xestos coa melodía e ramatabamos cada canción, como non, cantando.

Rematamos esta actividade co varios profes cantando e bailando con Susa, e que ben o pasamos…
Graciñas Susa por compartir esta xornada con todos nós.


venres, 1 de xuño de 2018

PONTENCIENCIA


Outro ano máis participamos na convocatoria do Concello de Pontenciencia.
O alumnado de sexto curso de primaria leva traballando e investigando en dous proxectos
Comezou hoxe á mañá a exposición de Pontenciencia en Pontevedra e xa defendimos os nosos proxectos.

Este ano participamos doce centros escolares, é complicado, pero non perdemos a esperanza de acadar algún premio.
Temos montado o noso stand ben chulo.

Este ano levamos dous proxectos de investigación:
As cometas que fixemos con paraugas de refugallo dándolle unha segunda vida  e 
a Expedición dos irmáns Nodal.

Fixemos unha montaxe da expedición dos irmáns Nodal e pódese ver e escoitar nas tablets da biblioteca que levamos á exposición. 
Está gustando moito.

Podedes ver o que están mirando estes nenos neste enlace: 

Fomos noticia, saímos no periódico dixital Pontevedraviva . 
Ahí tedes os  enlaces.





OOOLA!!
          HOXE É VENRES!!


   REMATOU O CONCURSO.

 TEMOS VARIOS EMPATES NO PRIMEIRO POSTO.

GAÑADORAS DESTE PINCO-RETO: 

                                      1º POSTO
PAULA, ÉRIKA de 6º de Primaria e AROA de 2º de Primaria.
                                            NORABOA!

2º POSTO: ALBA de 3º Primaria

OUTRO EMPATE NO TERCEIRO POSTO!!

3º POSTO: DIEGO I. e SARA de 2º Primaria, E JOSE e ROSALÍA de 4º Primaria.


4º POSTO: ANDREA e BREIXO de 2º de Primaria, ALMA de 3º de Primaria E ALBA  de 6º de Infantil.

5º POSTO: KHADISJA de 4º de Primaria, ÁNXELA e LUÍS de 2º de Primaria.

6º POSTO: FÉLIX.


ESTADE ATENTOS AO PANEL DA BIBLIOTECA PARA SABER CANDO TEDES QUE RECOLLER OS AGASALLOS QUE GAÑASTES POR TER PARTICIPADO.

ATA LOGO!

martes, 22 de maio de 2018

A Galiña Azul / Boas Apertas

Na biblioteca do noso colexio hai xa tres cursos que programamos actividades de dinamización cultural na nosa contorna coa axuda imprescindible do voluntariado da nosa biblioteca BIBLIOPINCO.

Nesta actividade de lecturas compartidas, un grupo de voluntarias visitaron e compartiron o tempo cos máis cativos na Escola Infantil “Galiña Azul” e cos maiores no Centro de día “Boas Apertas”, ámbalas dúas en Arcade. 

Para esta saída tan especial, ao longo de bastantes recreos prepararon na biblioteca dramatización do conto escollido:“O galo Quirico”.
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan cos maiores no centro BOAS APERTAS.
Tíñanlles preparados uns agasallos feitos no centro para esta ocasión. 
A experiencia foi moi gratificante para todo o mundo, tanto as voluntarias como para os maiores e os máis cativos, compartindo uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.
Deixamosvos un pequeno resumo:
Graciñas ao personal da Galiña Azul e de Boas Apertas por deixarnos compartir con elas este día e facilitarlles esta marabillosa experiencia.

luns, 21 de maio de 2018

VISITA BIBLIOTECA MEDAL

Hoxe os alumnos de primeiro e segundo saíron  coñecer un pouco máis a contorna.
Comezaron cun paseo por un tramo do camiño de Santiago, que pasa pola Ponte.
Acompañounos
José Luis Carragal, logo levounos ver a exposición sobre Mª Victoria Moreno que inauguraron o sábado 19  na Biblioteca Medal, na antiga escola.
Remataron esta saída dando un paseo ata a illa de Medal,

A clase de 1º na ponte da illa de Medal
A clase de 2º na ponte da illa de Medal
onde merendaron e pasaron o resto da mañá. 


O grupo diante do pombal da illa de Medal
Non podemos deixar de agradecer a  axuda desinteresada que
 José Luis Carragal nos prestou.

ONDA CERO

OOOLA!!

   HOXE VIÑERON DE  Onda Cero  A GRAVAR OS CONTOS DE MULLERES QUE RECOLLIMOS PARA O TRABALLO DO SALÓN DO LIBRO DESTE ANO.

 










OS ALUMNOS E ALUMNAS DA CLASE DE 6º DE PRIMARIA LERON E GRAVARON CON LORENA ESTAS HISTORIAS.

   ESTES RELATOS VANSE EMITIR NA RADIO AO LONGO DO MES DE XUÑO E DE OUTUBRO.
ESTOU ESPERANDO SABER AS DATAS EXACTAS E O SEU HORARIO PARA CONTÁRVOLO E ESCOITALOS. 
ATA LOGO!!

venres, 18 de maio de 2018

TERCER PINCORETO


OOOLA!!
HOXE É VENRES!!
   REMATOU O TEMPO PARA RESOLVER A SEGUNDA QUENDA DOS PINCORETOS.


        ESTO ESTÁ MOI INTERESANTE.
   HAI VARIOS EMPATES NO PRIMEIRO POSTO, NO SEGUNDO E NO TERCEIRO POSTO.

   PARA VER SE DESFACEMOS OS EMPATES, ESTA QUENDA VAN SER TRES ADIVIÑAS E XA É O REMATE.

CONTINUAMOS COS ANIMAIS.

AHÍ VAN ADIVIÑAS.

primeira:
   COLGADO CABEZA ABAIXO,
DURMO SEMPRE SEN RECHISTAR
POLA NOITE ME LEVANTO,
SALGO UN RATO A VOAR.

2ª ADIVIÑA:
  PUÑADITO DE ALGODÓN,
BRINCA SIN TON NI SON.

3ª ADIVIÑA:
  CAL É O BECHO PEQUEÑO.. 
SEN ÓSOS E sEN ESPIÑAS? 

boa sorte!!

      NORMAS DO PINCORETO:    :
 1.      as respostas clariñas Co voso nome co curso no que estades (NON SON ADIVIÑO).
 2.      DEIXADE AS RESPOSTAS NA CAIXA DOS OLLOS QUE ESTÁ NOS EXPOSITORES DA ENTRADA.
3. HABERÁ UNHA LISTAXE COS GAÑADORES E GAÑADORAS AO REMATE DESTA ACTIVIDADE NO BLOG E NO MURAL DA BIBLIOTECA.
 4.      TEDES DÚAS SEMANAS PARA RESOLVER CADA PINCORETO.