Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 24 de abril de 2018

A ovella Engracia


Onte fomos todo o alumnado de infantil e as profes ao teatro a ver “A ovella Engracia” en Pontevedra no Pazo da Cultura.

As ovellas Blanca e Engracia contáronos as aventuras que lle aconteceron a ovella Engracia cando escapou pola noite para saber como era a Lúa.
Había uns músicos que tocaban o piano, o contrabaixo e a batería  cando a ovella Blanca cantaba as cousas que lle ían pasando a Engracia na súa escapada.

Nós tamén cantamos con ela.
Atopóuse cunha serpe e cunha loba. 
¡¡Era a nai de Orbil !!
A obra foi moi entretida. Rimos, cantamos e aplaudimos a rabiar.
Cando saímos do teatro estaba Orbil esperando para saudarnos.
Á volta fixemos uns debuxos do que máis nos gustou.

Aí volos deixamos
Vaia artistas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario