Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 22 de maio de 2018

A Galiña Azul / Boas Apertas

Na biblioteca do noso colexio hai xa tres cursos que programamos actividades de dinamización cultural na nosa contorna coa axuda imprescindible do voluntariado da nosa biblioteca BIBLIOPINCO.

Nesta actividade de lecturas compartidas, un grupo de voluntarias visitaron e compartiron o tempo cos máis cativos na Escola Infantil “Galiña Azul” e cos maiores no Centro de día “Boas Apertas”, ámbalas dúas en Arcade. 

Para esta saída tan especial, ao longo de bastantes recreos prepararon na biblioteca dramatización do conto escollido:“O galo Quirico”.
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan cos maiores no centro BOAS APERTAS.
Tíñanlles preparados uns agasallos feitos no centro para esta ocasión. 
A experiencia foi moi gratificante para todo o mundo, tanto as voluntarias como para os maiores e os máis cativos, compartindo uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.
Deixamosvos un pequeno resumo:
Graciñas ao personal da Galiña Azul e de Boas Apertas por deixarnos compartir con elas este día e facilitarlles esta marabillosa experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario