Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 29 de novembro de 2018

Dia Internacional de la Eliminación de la Violencia Contra la Mujer


Este luns fixemos un acto no colexio de rexeitamento contra a Violencia de Xénero.



O grupo de voluntarias e voluntarios da biblioteca colaboraro elaborando un mural coa simboloxía do
Camiño de Santiago.

 “O libro dos porcos" de Anthony Browne, foi  o libro escollido para ler en voz alta. Leron nenas e nenos de todas as clases, de infantil a sexto de primaria.
 

Cantamos a canción "COMPAÑEIRA" que compuxo a profe Sandra.

A clase de sexto fixo un manifesto co lema AMARSE SEN AMOS. Lérono  entre todos e todas.

Este é o manifesto que fixeron na aula de 6º de primaria:


O día contra a violencia de xénero celébrase o 25 de novembro a nivel mundial xa que así o acordou no ano 1999 a asemblea xeral das Nacións Unidas; aínda que iniciouse polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas en 1960 as 3 irmás Mirabal na República Dominicana.


O día 25 de novembro, a comunidade educativa de este centro escolar reúnese para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de xénero e en especial contra as Mulleres.

Neste acto queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito  de que la violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis estendida no mundo.

Así mesmo, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia de xénero en xeral e especial contra as mulleres en todas as súas manifestacións e combater calquera outro tipo de violencia.

Nós somos o presente e o futuro.  Polo que estamos aquí reunidos para manifestar que:

- Faremos  respectar os dereitos de tod@s.

- Opoñerémonos a todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.

- Aprenderemos a relacionarnos respectuosa e solidariamente.

- Seremos cooperativos y dialogantes.

- Respectaremos a igualdade para todas e todos.

Os alumnos de 6º de Primaria
 Finalizamos esta xornada cantando entre todos e todas a canción de Melendi : "Déjala que baile"
 Cando rematamos o acto,  o mural quedou na entrada do colexio.

venres, 23 de novembro de 2018

Olga Cuervo

OOOLA!!
QUE BEN O PASAMOS HOXE CON OLGA CUERVO NO COLEXIO.

PRESENTOUSE PRIMEIRO E CONTOUNOS UN CHISCO A SÚA VIDA CANDO ERA PEQUERRECHA COMA NÓS. OLGA CONTÓUNOS A HISTORIA DO PITIÑO COCORICO.
ATENDIMOS SEN PERDER NIN UN DETALLE ÁS  AVENTURAS DO PITIÑO LAMBÓN E DO GATO PELADO… NON SE ESCOITABA NIN UN CHÍO. ESO SÍ, PICOTÍ, PICOTÁ NON DEIXAMOS DE REPETILO CON ELA.
PATEXAMOS CADA VEZ QUE ALGUÉN MARCHABA CANDO NOS LEU O CONTO TODOS VAN! .
DESPEDIUNOS Á SAÍDA CANDO MARCHABAMOS DE VOLTA Á CLASE.
PERO HOXE TIVEMOS DÚAS SESIÓNS DE CONTACONTOS CON OLGA, CANDO MARCHARON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL TOCOULLE O TURNO AO ALUMNADO DE PRIMARIA.

A HISTORIA QUE LLES CONTOU FOI DE CANDO ERA NENA E TIÑA UN PAXARO NA CABEZA, OU ESO PENSABA ELA, PORQUE AO FINAL RESULTA QUE ERA UN LIBRO O QUE A PERSEGUÍA.
FOI TAN ENTRETIDO QUE NON TEÑO MOI CLARO SE O PASARON MELLOR OS NENOS E NENAS DE INFANTIL OU FORON OS DE PRIMARIA.

GRACIÑAS OLGA POR FACERNOS PASAR ESTE TEMPO TAN AGRADABLE.
ATA LOGUIÑO!!

mércores, 21 de novembro de 2018

Concerto didáctico.


O pasado luns 19 de novembro o alumnado de 3° e 4° curso de primaria fixo unha saída a Pontevedra.
De camiño ao auditorio da Sede de Afundación, pararon  no mural pintado na rúa Eduardo Pondal lembrando a Mª Victoria García Moreno.
O título do Concerto Didáctico musical que foron ver era

"El mágico planeta de los instrumentos insólitos"

Presentábao  a compañía Fetén Feténformada polos músicos Jorge Arribas e Diego Galaz. 
Gozaron moito co espectáculo que lles ofertaron. 
Descubriron moitos instrumentos ben curiosos,  algúns deles feitos con material de refugallo.
 
Cantaron e ata bailaron a jota e a tarantela dende as  súas butacas! 
Foi un día “fetén”

venres, 16 de novembro de 2018

Magosto 2018

OOOLA!!
QUE SORTE TIVEMOS HOXE CO TEMPO NO MAGOSTO!
ESTE CURSO CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS QUE QUIXERAN E POIDERAN A COMPARTIR CON NÓS OS XOGOS TRADICIONAIS NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO COLEXIO.

XOGAMOS AOS XOGOS CLÁSICOS DO NOSO MAGOSTO E AOS TRADICIONAIS QUE NOS LEMBRARON ALGÚNS FAMILIARES COMO XOGAR.
FOMOS ROTANDO POLOS DISTINTOS XOGOS E APRENDENDO MOITOS OUTROS, QUE HAI NADA, XOGABAN OS NOSOS MAIORES.
XOGAMOS CON BOLAS,  BUXAINAS,  CHAPAS, CON CAROZOS, COS ZANCOS, Á GOMA, Á BILLARDA, COS AROS E POR SUPOSTO
 NON FALTARON AS  CARREIRAS DE SACOS.
 DESPOIS DE TANTO XOGO HABÍA FAME E AS CASTAÑAS VOARON.
AGASALLAMOS ÁS FAMILIAS CUN DIPLOMA.



COMO MANDA A TRADICIÓN,

 O QUE MÁIS E O QUE MENOS ACABOU TISNADO.

luns, 12 de novembro de 2018

Roteiro Patrimonio Ponte Sampaio


Hoxe contamos coa visita de Damián e Miguel, dous expertos en patrimonio e bioloxía que  nos falaron da diversidade do patrimonio natural e histórico de Ponte Sampaio.

Saímos dar unha volta pola contorna.
  
Aprendimos cousas moi interesantes sobre a  nosa localidade e do Camiño de Santiago portugués, que pasa por aquí.
 Aprendimos tamén moito sobre a fauna e a flora da marisma do río  e diferenzas entre especies alóctonas invasoras.

Rematamos na Illa de Medal. Que ben sabía a merenda alí!

   O domingo 18 haberá un roteiro para todo o que queira. 
   Poderedes  aprender máis cousas sobre o patrimonio de Ponte Sampaio en familia.

Saída micolóxica.


Outro curso máis contamos no tempo do outono coa colaboración da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.




Logo de ter unha pequena charla co alumnado de 1º de primaria e 6º de infantil saímos pola contorna do colexio na procura de cogomelos.
 
Despois de tanta choiva, e co sol destes dous días, o tempo era bastante propicio para atopar moitos cogomelos.


   Paseniño, paseniño apañamos bastantes cogomelos.




Ao final axudamos a Jaime, de Brincabois, a colocar os cogomelos que quedaron expostos e clasificados coa súa etiqueta os exemplares que atopamos para que o resto do alumnado e as familias puideran compartir a colleita e o que aprendemos.
 Se queredes podedes atopalos na entrada do colexio. 

xoves, 1 de novembro de 2018

Samaín

Esta semana foi curta, pero moi intensa.
Comezou cun obradoiro de Samaín  na aula de tres anos coa colaboración das familias.


Os voluntarios e voluntarias decoraron o colexio con moitos pantasmas e axudaron a montar a exposición das cabazas terroríficas na entrada. 
Non faltaron "cabazas peregrinas".
O martes 5º e 6º de primaria foron ver a obra de teatro “De los cuentos a las cuentas” na sede Afundación en Pontevedra.


 No colexio houbo varios obradoiros simultáneos do Samaín co alumnado de infantil e primaria.

Despois de facer seis grupos inter-niveis, 
todos foron rotando polas distintas aulas a gozar dos distintos obradoiros preparados 

 Xogos no ximnasio 

   PócemaS Máxicas na aula de catro anos.  
        Maquillaxe na clase de primeiro.     
         Cociña na aula de cinco anos.     

     Relatos terroríficos na clase de segundo.     

   Manualidades na aula de tres anos.  



Finalizamos a semana facendo arañas, pantasmas e cabazas con froita en todas as aulas para facer boca antes do percorrido polo Túnel do terror. 


Despois de pasar todos e todas os que quixeron polo "túnel do terror", a escuras ou xa coa luz prendida

  fixemos unha pequena celebración na que houbo cancións, relatos, pócemas, chistes e unha representación dunha obra “terrorífica” dos voluntarios/as da biblioteca.