Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 1 de febreiro de 2019

OS ELECTRECOS


A xornada do mércores 30 de xaneiro foi moi  movida no colexio.


Comezamos o dia cun obradoiro dos Bolechas para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria sobre a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos REAA.
Logo de presentarse Millo, miramos a película de estrea dos Bolechas: “OS ELECTRECOS”.
O Superheroe EcoCarlos, dos Bolechas, faloulles do que eran os electrecos e convidounos a formar parte do movemento RAEE.
Logo dunha pequena avaliación con cuestións sobre o que aprenderan,  acadaron o carné de:
 Socio/a do Movemento RAEE dos Bolechas.

Para rematar deixaron material para o alumnado: libriños, cadernos de actividades, unhas pegatinas e os carnés.
Estiveron todo o tempo moi atentos, entretidos e moi participativos.
A partires de agora saben que primeiro tentamos arranxar os aparellos que non funcionen, e nunca deixalos tirados por calquera sitio:
“HAI QUE LEVAR OS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS AO PUNTO LIMPO ”

Tedes máis información neste enlace sobre a campaña
“O que se enchufa recíclase”


Ningún comentario:

Publicar un comentario