Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN


Outro ano máis chegou o Samaín ao colexio de PonteSampaio, máis este curso cun toque de Cine.



Preparamos relatos terroríficos, tivemos unha exposición cunha escolma de libros de bruxas, pantasmas, mostruos, vampiros, cabazas, e os favoritos foron os libros de "Mortiña" e o de "Los calzoncillos maléficos".

Colaboraron as familias preparando cos seus fillos e fillas unhas cabazas de medo, cun toque cinematográfico, como non! 
Houbo obradoiros de Cociña terrorífica, Contos de medo, Maquillaxe, Manualidades e proxeccións de Curtas de medo.

Nestes obradoiros participou todo o alumnado en grupos de distintos niveis que ían rotando dun obradoiro a outro. Parabéns para o alumnado voluntario de 5º e 6º curso de primaria que en todo momento estivo pendente dos máis cativos, tanto nos obradoiros como no túnel do terror.

Ao ser o segundo curso que se facía tivemos en conta as propostas de mellora do ano pasado.
Este curso quedou moi lucida a decoración do túnel do terror e a dramatización que fixeron nel os voluntarios.
Rematamos esta semana curta con cancións, conxuros e bailes terroríficos.
Parabéns para Noa, Xiana e Anxo que acadaron premios polas súas cabazas de película: "It", "BB8" e o primeiro premio para Anxo coa súa Cabaza dos "Cazafantasmas".
Non esquezades alumear as vosas casas coas cabazas  pola noite...
Agradecementos á Comunidade Educativa pola súa colaboración coas cabazas, os traxes e nos obradoiros deste curso. Graciñas!
Ahí vos queda un resumo en imaxes destas xornadas: preme a imaxe!!
Preme a imaxe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario