luns, 30 de xaneiro de 2017

MANIFESTO DÍA DA PAZ 2017



MANIFESTO DÍA DA PAZ 2017


Bos días a todos os presentes nesta Xornada do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Esta Xornada celébrase, dende o ano 1964, cada 30 de Xaneiro, data do aniversario da morte de Gandhi. Sabedes quen foi? Pois foi un avogado e político da India, que lle adicou gran parte da súa vida a traballar polos dereitos humanos, así como tamén polo diálogo e o respecto entre os seres humanos, os pobos, as relixións... E todo isto sen utilizar nin as armas nin a violencia. Tén frases moi fermosas, como:

“Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño”,

“Sé ti o cambio que queres ver no mundo”.

Esta última vainos moi ben para o lema deste ano, que é:

“O mundo que queremos; as nosas relacións”.

E como é algo que nos importa moito por iso estes días nas clases fixemos un decálogo de paz e falamos de levarnos ben entre nós, porque iso mola…
Gústanos que nos traten con amabilidade, con respecto, con cariño, que nos valoren e queiran tal como somos, que nos acepten, que nos escoiten, que compartan, que conten con nós… Pois este tén un camiño de volta: facerlle aos demais exactamente o mesmo: escoitar, valorar, agradecer, respectar... Se estamos convencidos contaxiaremos coas nosas accións ás persoas que nos rodean. E así iremos facendo da nosa casa, do noso cole, do sitio onde vivimos ese mundo que queremos.


DECÁLOGO DE CENTRO
DÍA DA PAZ 2017- AS RELACIÓNS PERSOAIS

*  PEDIMOS AS COUSAS POR FAVOR E DESPOIS DAMOS AS GRACIAS.
*  RESPECTAMOS AOS MAIORES SEN INTERRUMPIR.
*  DÁMOSLLES CARIÑÓ A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CANDO SE SINTEN MAL.
*  CANDO XOGAMOS XUNTOS, RESPECTAMOS AS NORMAS PARA PASALO BEN.
*  TRATAMOS CON AMABILIDADE E CARIÑO A TODO O MUNDO.
*  FALAMOS AMIGABLEMENTE AS COUSAS, SEN DISCUTIR; BUSCANDO CONXUNTAMENTE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS.
*  ACEPTÁMONOS COMO SOMOS, COS NOSOS DEFECTOS E VIRTUDES.
*  ESCOITAMOS AOS DEMAIS CON EDUCACIÓN.
*  VALORAMOS E RESPECTAMOS A OPINIÓN DOS DEMÁIS, AÍNDA QUE NON ESTEAMOS DE ACORDO.


*  AXUDÁMONOS EN TAREFAS DE CLASE, TRABALLOS E DEBERES PARA ACADAR RESULTADOS POSITIVOS.



mércores, 25 de xaneiro de 2017

ESTAS CURTAS QUE VOS DEIXAMOS SON PARA
 VER,
ESCOITAR
E
 REFLEXIONAR!!



domingo, 22 de xaneiro de 2017

PONTE NAS ONDAS 2017

ESTE XOVES VIÑERON DO PROGRAMA PONTE...NASONDAS! Á CLASE DE 5º E 6º.
ESTIVERON APRENDENDO E PRACTICANDO UNHA MOREA DE COUSAS CON DAMIÁN:
 COMO GRABAR CON MÁIS CALIDADE, SEN RUIDOS; CÓMO TRABALLAR CO PROGRAMA AUDACITY PARA GRABAR, CORTAR E EMPREGAR AS PISTAS DE GRABACIÓN.
FIXERON PRÁCTICAS EN PARELLAS COS MICRÓFONOS, MELLORANDO AO LONGO DA MAÑÁN.
TODO O APRENDIDO E PRACTICADO LLES VIRÁ DE PERLAS PARA DARLLE  USO NA RADIO DO COLEXIO.

PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se ven desenvolvendo dende o ano 1995 gracias á cooperación entre centros educativos  de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal.

xoves, 19 de xaneiro de 2017

RELATO CURTO

OOLA!

ACABAN DE CHEGARNOS DOUS EXEMPLARES DO IV CERTAME DE RELATO CURTO AO COLE.
 VEN PUBLICADO O RELATO DE MARTA ALONSO  "CANDO AS NUBES CHORAN"QUE FOI FINALISTA DE PRIMARIA.
AHÍ VOS DEIXO O RELATO DE MARTA PARA QUE O LEADES.
CANDO AS NUBES CHORAN
En ocasións, cando vexo o Sol, el mírame cun sorriso e póñome pálida. Nunca creo o que ven os meus ollos! Cando el chega, eu teño que marchar obrigatoriamente, pois aí é cando amouco e boto a chorar. Non o podo ver, e tampouco conversar con el. Á xente anóxaa que eu chore, pois acaban mollados, pero non podo conter a tristura. Eu quero o Sol, pero sempre pasa isto: todos queren que as nubes coma min se vaian, e que o Sol quede. En fin… que esteamos separados.
Hoxe fórmase o arco da vella, polo que é o único día no que podemos estar xuntos. Todas nós nos aviamos e aparecemos alí. Eu e o Sol conversamos, pero moi arredados, descubrín que lle gusta a miña cor de gotas de ácido sulfúrico, e que lle parezo máis bela ca as demais. O arco da vella comeza a se desfacer, e o Sol mándame un raio que deixa parte do meu corpo dunha cor amarela brillante e a outra como xa a tiña. Quedo durmida e axiña esperto. É noite e vexo o Sol. Estou diante del dobrada, tapándoo. A miña parte de cor natural está detrás da outra parte amarela. El está esperto, e eu por fin podía estar preto del sen medo a que non volvese. Falamos toda a noite, que para nós era día, grazas á miña luz e á súa. Pregúntolle que me está pasando e por que estamos xuntos. El dime que o que fixera fora mudarme en Lúa para poder verme, falarme e adularme todas as noites, e que ninguén nos afastaría ata que el se apagase.
Dende agora, as xentes nunca verán que esta nube chore. Nunca a carón do Sol.
SE QUEREDES LER OUTROS VIDE Á BIBLIOTECA E PEDIDE O LIBRO.

ESTAS SON AS BASES SE QUEREDES PARTICIPAR NO CERTAME DESTE ANO:

Bases da V Edición

Bases do V Certame de Relato Curto con publicación UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace)…
PINCO

mércores, 18 de xaneiro de 2017

SAÍDA AO TEATRO


ESTE LUNS O ALUMNADO DE INFANTIL FOI DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA.

FIXERON O TEXTO E O DEBUXO DA AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA.

FORON VER A OBRA DE TEATRO
   "O LOBO E A LÚA" NO TEATRO PRINCIPAL. 
¡¡¡ Estas caras xa o din todo !!!
FOI UN DÍA DE NOVAS EXPERIENCIAS PARA MOITOS, SOBRETODO PARA O ALUMNADO DE TRES ANOS.

UNHA VIAXE EN AUTOBÚS, VISITA A UN TEATRO E MERENDA POLAS RÚAS DE PONTEVEDRA...
TODA UNHA NOVIDADE!!

LIGAZÓN PONTEVEDRA VIVA

venres, 13 de xaneiro de 2017

RAQUEL QUEIZÁS 10/1/17

PERO QUE BEN O PASAMOS!!!!
O MARTES ESTIVO RAQUEL NO COLE E AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL OUTRA VEZ GOZARON DA SÚA ARTE . AS PROFES TAMÉN.
CONTOU TRES HISTORIAS. NON SEI CAL ME GUSTOU MÁIS.
A PRIMEIRA ERA DUNHA FAMILIA DE RÁS, HABÍA UNHA RÁ QUE QUERÍA SER PEQUENA,
OUTRA ERA DA XIRAFA TIMOTEA, ¡QUE FACHENDOSA ERA!
E POR ÚLTIMO CONTOU A HISTORIA DO CAN "CHUSCO". AXUDÁMOSLLE ENTRE TODOS E UXÍA, DANI, GABRIEL E CLAUDIA  DRAMATIZARON O CONTO.

AHÍ VOS QUEDA UNHA PEQUENA MOSTRA

APLAUDIMOS A RABEAR.
VOLTA CANDO QUEIRAS RAQUEL.

luns, 9 de xaneiro de 2017

OLA!

¿QUE TAL A VOLTA Á RUTINA ESCOLAR?  


MOITO SONO... "CLARO".

HAI QUE SE DEITAR ANTES E DURMIR MÁIS.
         SAÚDOS
                                 PINCO



sábado, 7 de xaneiro de 2017

OLA!
FELIZ ANO 2017

O LUNS 9 VÉMONOS DE NOVO.

¡XA TIÑA GANAS!

ESCRIBISTES TANTAS CARTAS NO COLE, QUE
ENTRE  PAPÁ NOEL, OS REIS MAGOS E  O APALPADOR DEIXARON UN FEIXE DE COUSAS PARA AS CLASES, PERO...

XA AS VEREDES O LUNS.

mércores, 4 de xaneiro de 2017

NOVA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL:


  O MARTES 10 DE XANEIRO VEN OUTRA VEZ RAQUEL QUEIZÁS AO NOSO COLEXIO. VAINOS CONTAR HISTORIAS QUE TEÑEN QUE VER CON SENTIMENTOS DE SOLIDARIEDADE, OS CELOS E O DESPRECIO.
XA NOS CONTAREDES COMO VOS FOI.
DEIXÁMOSVOS UN ENLACE DA ACTIVIDADE DO CURSO PASADO