mércores, 26 de abril de 2017

Mércores de conto


VAIA ESTREA!!

Esta tarde comezamos esta serie de actividades coa colaboración  da nai de Athenea, Viviana.

O espazo da Biblioteca de Infantil quedou xusto para o público que había.


Todo o público quedou encantado coa actuación de Viviana. 
Viñeron alumnos e alumnas do centro e tamén algúns que virán para o próximo curso. 
Estiveron atendendo con gran atención,   portáronse de marabilla.

 Pero  houbo máis "levaba agochada unha sorpresa", traía o conto de Hervé Tullet "¿JUGAMOS?
 e esta vez tocou xogar á procura do punto amarelo, as adiviñas, a imaxinar, a ... moitas cousas.
  Xogaron as nenas, os nenos e os adultos tamén. 
 Por último... aplausos polo traballo ben feito e
¡¡GRACIÑAS VIVIANA!!
Ata pronto.

luns, 24 de abril de 2017

DIA MUNDIAL DO LIBRO.



O luns 24 Celebramos no colexio 
Día Mundial do Libro
Durante o recreo, como todos os luns, os voluntarios e voluntarias da Biblioteca levaron ao patio de recreo a
  BIBLIOPATIO .

 Na sesión de "Hora de Ler" as alumnas e alumnos Voluntari@s da Biblioteca recolleron aos máis cativos (os de tres aniños) que xa os coñecen ben das sesións de contacontos e monicreques aos que os teñen afeitos ao longo do curso. 
(Para axilizar a actividade, o venres xa quedaron preparados os libros que  cadaquén ía levar). 

Había libros de dinosaurios, de transportes, de amizade, contos clásicos/populares -que non falten- e incluso un atlas ilustrado que tivo moito éxito.
O tempo acompañou e podemos sair ao patio e gozar do maravilloso dia que facía.
Espalláronse bastante, había grupos lendo nos columpios, nas porterías, no patio cuberto, nos muretes de pedra,… o caso é que foi outra xornada de ledicia, das que lle acorda cada ano
   e sempre, sempre queren repetir.  


Á hora de recoller remolonearon un pouco e entraron paseniño, cun sorriso na cara.
Rematamos as actividades do día coa    Lectura colectiva    dun capítulo de  D.Quijote  no patio cuberto, diante do mural dunha escena dos muíños de vento, feito por nós hai varios anos.
 Entre o profesor Avelino, dúas voluntarias da biblioteca (Joana e Érika), a nai de Mar, o pai de Xabier, Alicia(a coidadora do centro) e o profe Alberto, fixeron a lectura colectiva do capítulo Aventura de los odres de vino.
 Esta actividade estaba aberta a toda a Comunidade Educativa. Viñeron algún país e avós.
Se queres ver máis e ESCOITAR deixámosvos este vídeo.

Mércores de Conto.

A partir de mañán, comeza unha nova actividade: “MÉRCORES de CONTO”.
Esta actividade terá una periodicidade mensual.
Dende o equipo de biblioteca buscamos impulsar e dinamizar a colaboración entre familias e biblioteca. 
Este mércores comezamos cunha sesión de contacontos. Viviana, nai de Athenea, contará
“A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella”
A sesión de contacontos está orientada de cara ao público infantil e as súas familias, pero aberto a toda a comunidade educativa.

martes, 18 de abril de 2017

Visita á biblioteca de Arcade.

Outro curso máis o alumnado de educación infantil foi de visita á biblioteca "Luis Seoane".
 Fomos dando un agradable paseo.


Marisé estaba esperándonos. 

Contounos na entrada a historia do mural da parede e subimos para comezar a visita.


A zona de estudo: ¡SHHH!, o despacho da bibliotecaria, a sala de talleres, a sala de lectura, a zona de xestión e o  escenario que  a algúns lles acordaba ter subido o ano pasado.



A continuación fixo unha sesión de formación de usuarios moi entretida. 

Amosoulles os distintos formatos  que poden ter os libros e os distintos materiais de que poden estar feitos. 
Contando "O POLO PEPE"
Logo contoulles o conto do POLO PEPE e o do coello  PIPI-CACA  que non o van esquecer en moito tempo.
Rematamos na sala lendo e gozando da gran cantidade de libros distintos que alí hai e atopando moitos que temos na nosa biblioteca.

Despois desta visita fomos merendar ao parque de Talo Río.


Merendando antes de xogar.
 Alí si que correron e saltaron antes de voltar ao colexio no
 "Coche de San Fernando"...
 "Un pouquiño a pé, e outro pouquiño andando".

¡¡GRACIÑAS a todo o persoal da biblioteca por ternos acollido tan ben unha vez máis!!
Mural na biblioteca "Luis Seoane"

luns, 17 de abril de 2017

ABRIL: Mes dos libros.

Ao longo do mes de abril celebramos o mes dos libros con distintas actividades no centro.
Comezamos propoñendo a decoración das escaleiras para o Día do libro infantil. 
O martes o alumnado de infantil visita a Biblioteca "Luis Seoane" de Arcade.

Os voluntarios da Biblioteca sacan a "BIBLIOPATIO"  ao recreo durante toda a semana.

"LIBROS AO PATIO":: o luns 24 continuamos coa actividade de apadriñamento lector anual . En parellas  saen ao patio na sesión de "hora de ler" para contarse os libros  escollidos
 (na casa ou na biblioteca).

  • A clase de  5º e 6º curso baixa a recoller ao alumnado de infantil de tres anos.
  •  A o alumnado de 1º curso recóllenno os de 4º curso.
  • O de 3º curso con infantil de 5 anos.
  • A clase de 2º  va con infantil de  4 anos. 
O reparto das parellas, ou tríos según conveña, farase previamente entre as/os titores das clases.

Visita á Biblioteca "Luis Seoane"

 OOOLA!!!!
APROVEITEI ESTAS VACACIÓNS PARA LER UNHA MOREA DE LIBROS.

 PASEI POLA BIBLIOTECA DE SOUTOMAIOR.
LEMBRAN MOI BEN AS VOSAS VISITAS POLA ATENCIÓN QUE PRESTASTES E O VOSO COMPORTAMENTO TAN BO TODAS AS VECES QUE FOSTES POR ALÍ.
DÉIXOVOS UN RECORDO DO VOSO PASO POR ALÍ O ANO PASADO.

CONTÁRONME QUE ESTÁN A PREPARAR UNHA SORPRESA PARA OS NENOS E NENAS DE INFANTIL QUE VAN IR O MARTES. 

sábado, 8 de abril de 2017

OOOLA!!!
¡¡ESTOU ENCANTADO CO VOSO TRABALLO !!
AS ESCALEIRAS QUEDARON ESPECTACULARES.
MIRADE COMO SE FORON FACENDO

ESCALEIRAS 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

 AGORA VOS PROPOÑO UN XOGO SINXELO 
 E OUTRO UN POUCO MÁIS COMPLEXO:

1º.- FACER A RELACIÓN  DE TODOS OS TÍTULOS DAS ESCALEIRAS CO SEU OU SÚA AUTORA CORRESPONDENTE.

2º.- ATOPALOS NOS ANDEIS DA BIBLIOTECA.
AS RESPOSTAS DEIXÁDEAS NA CAIXA DE SEMPRE.
  HABERÁ UN AGASALLO PARA QUEN PARTICIPE.  
NON ESQUEZADES POR O VOSO NOME "BEN CLARIÑO".

mércores, 5 de abril de 2017

Recomendacións lectoras 2º trimestre

 Ahí vos deixamos as recomendacións lectoras da biblioteca.
 Esperamos que sexan do voso agrado.


BOAS VACACIÓNS!!!!

domingo, 2 de abril de 2017

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

OOOLA!!!
SABÍAS QUE... HOXE É O Día Internacional Do Libro Infantil NO QUE SE CELEBRA O NACEMENTO DO ESCRITOR DE:
  • CARAPUCHIÑA VERMELLA 
  • A SEREÍÑA
  • O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
  • O PARRULO FEO
  • A VENDEDORA DE MISTOS
  • A PRINCESA E O CHÍCHARO
 TODOS ESTES CONTOS E MOITOS MÁIS ESCRIBÍUNOS HANS CHRISTIAN ANDERSEN.

ESTE É O CARTAZ DESTE ANO: