venres, 28 de febreiro de 2020

Día de Rosalía

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro.  

En cada unha das clases escolleron algúns poemas de Rosalía para compartir con todos nós.
O alumnado voluntario encargouse de encher os corredores do centro con estes poemas escollidos de Rosalía que traballaron nas aulas.
Nos corredores do colexio están cheos de cachiños de Rosalía.
Os máis pequenos gozaron percorrendo o centro na procura destes recunchos e gozando especialmente co que decoraron e aprenderon na aula.

Este curso cadrou luns de entroido o día 24, daquela foi este venres o día que no noso centro fixo o seu acto de conmemoración.
Solicitouse colaboración ás familias dos distintos niveis para ler unha escolma dos poemas da autora homenaxeada, como en anos anteriores.
Na aula de usos múltiples realizamos un acto de lecturas compartidas de breves textos de Rosalía de Castro.
Logo da lectura as alumnas e os alumnos agasallaron as súas respectivas familias cunha flor e un poema como agradecemento.
Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.


xoves, 27 de febreiro de 2020

LIP DUB

OOOLA!! 
COMEZAMOS A XORNADA CUNHA CHARLA DIDÁCTICA NO XIMNASIO ONDE RAMÓN, EXPLICOU COMO ÍA SER A GRAVACIÓN DO LIP DUB,

LEMBRÁNDOLLE A TODO O MUNDO QUE SEGURAMENTE HABERÍA QUE FACER VARIAS TOMAS  ATA CHEGAR A BOA.

AFORTUNADAMENTE O TEMPO ACOMPAÑOU E PASÁMOLO EN GRANDE CON ESTA ACTIVIDADE.

A CANCIÓN ESCOLLIDA FOI “FABRICANDO LUZ” DE A BANDA DA LOBA.
AH! XA IMOS PERCIBINDO QUE ISTO DE GRAVAR, NON É TAN DOADO COMO PODÍA PARECER.
 HOUBO QUE FACER REPETIDAS TOMAS ATA CHEGAR Á BOA, COMO DIXERA RAMÓN, MAIS COMO A CANCIÓN TIÑA MOITA MARCHA,  FABRICAMOS LUZ   MOITAS VECES.

  BAILAMOS, XOGAMOS E CANTAMOS AS VECES QUE FIXO FALTA ATA CHEGAR Á GRAVACIÓN DEFINITIVA.
ANTES DE MARCHAR PARA CASA, FOMOS AO XIMNASIO E MIRAMOS O NOSO LIP DUB  TODOS XUNTOS.
GUSTOU TANTO QUE HOUBO QUE PROXECTALO MÁIS DE UNHA VEZ.
QUE FINAL TAN FANTÁSTICO PARA ESTA XORNADA DE GRAVACIÓNS.
GRACIÑAS RAMÓN POLA TÚA COLABORACIÓN.
ATA LOGUIÑO!

venres, 21 de febreiro de 2020

Festa de Entroido

OOOLA!! 
 Vaia festa E TEMPAZO que tivemos!

Era de esperar, mirando aos primeiros en chegar.




ollade ALGÚNS DESTES DISFRACES MAÑANEIROS  




Este ano o meco tivo nome de muller
BENIGNA SÁNCHEZ GAÑÓU O GOYA Á MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA POLA PELÍCULA 
O QUE ARDE”.
DESPREGAMOS A NOSA ALFOMBRA VERMELLA PARA SAÍR AO PATIO ÁS ACTIVIDADES NO EXTERIOR.

ABUNDARON DISFRACES
RELACIONADOS CO CINE DE ACCIÓN, DE AVENTURAS, FICCIÓN...
OS VOLUNTARIOS DE SEXTO LERON AS RIMAS PREPARADAS PARA  DAR A ENTRADA AOS DISFRACES DE CADA CLASE.
COMEZARON A DESFILAR OS MAIORES DE PRIMARIA  E REMATARON OS MÁIS PEQUENOS DE INFANTIL.

HOUBO QUEN CONFUNDIU ESTE DESFILE CUNHA CARREIRA DE TANTA PRÉSA QUE LEVABA.
AS REGUEIFAS ENTRE SOUTOLEÑAZO E
 MONTEPORRAZO TIVERON MOITA CHISPA. 
METÉRONSE TODOS E TODAS MOI BEN NO SEU PAPEL E AO FINAL QUEDARON EN TABLAS.
O GALO COCORICO NON SE LIBROU DE QUEDAR DESPLUMADO, "CLARO" ESTE ANO LOITABA CUNHA BANDA DE “CROMIÑONAS E CROMIÑÓNS” E GUARDIÁNS DA NATUREZA DE CINE.

 


FINALMENTE CHEGOU O MOMENTO DOCE E DEGUSTAMOS OS DOCES DE ENTROIDO QUE APORTARON AS FAMILIAS.
ABURIÑO!!

xoves, 20 de febreiro de 2020

PINCOMANDA VENRES

OOOLA!! 

ESTRELAS POR AQUÍ,
ESTRELAS ACOLÁ,
ALUMEANDO O COLEXIO TODAS ELAS ESTÁN.
 
ESTRELAS GRANDES, PEQUENAS,
 PINTADAS OU AMARELAS,


ESTRELIÑAS, 
QUE MÁIS DA!
  

XA NOS TOCA DESFILAR:
DE PAIASOS, ANIMAIS,
 PIRATAS E  AVENTUREIRAS,
CRONIÑON@S,  CROMAÑÓNS,

 HABITANTES DAS CAVERNAS.
O GALO XA ESTÁ ESPERANDO,
PREPARADOS PARA…
DESPLUMALO!!!!
ATA LOGUIÑO!

PINCOMANDA XOVES

OOOLA!! 

ESTRELAS POR AQUÍ,
ESTRELAS POR ACOLÁ!


PEQUENAS, GRANDES, 

PINTADAS, PEGADAS...

FIXÉSTELO MOOOI BEN!
ALUMEAMOS O COLEXIO E LEVAMOS AS ESTRELAS PEQUENIÑAS DE VIAXE  PERO ESTA É OUTRA HISTORIA QUE XA VOS CONTAREI...


  PINCOMANDA VAI:  
QUE FACEMOS MAÑÁ?
ATA LOGUIÑO!