martes, 31 de marzo de 2020

Martes 31


OOOLA!! 
VOUVOS LEMBRAR HOXE O CONCURSO QUE PROPUXEMOS ONTE PARA PASAR UN RATO DIVERTIDO.
COMO VAN XA MÁIS DE 15 DÍAS QUEDANDO NA CASA
 SEGURO QUE FIXESTES FOTOS A PUNTA PALA 😉.
ESCOLLEDE UNHA DAS MÁIS SIMPÁTICAS, SERÁ DIVERTIDO (AÍNDA QUE LEVE UN TEMPIÑO MIRALAS). 

SUBÍDEAS POR PRIVADO COA AUTORIZACIÓN DUN ADULTO CON CONTA NO INSTAGRAM  Á CONTA DO NOSO COLEXIO: 
AQUÍ TEDES O ENLACE AO BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN "COAS BASES CLARIÑAS" PARA CONCURSAR:
 E A BOTAR UNHAS RISAS!!  

NESTE CENTRO SOMOS REPECTUOSOS CON TODAS E CADA UNHA DAS FAMILIAS DE TODAS AS CORES, TANTO DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO DAS OUTRAS.
  LEVÁMOLO CON MOITO ORGULLO.
O 31 DE MARZO É  O  DÍA lNTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANXÉNERO.
CON TAL MOTIVO, APROBEITO PARA AMOSAR PARTE DA NOSA COLECCIÓN , QUE AFORTUNADAMENTE PODEDES VER NA REDE:
"AHORA ME LLAMO LUISA"
 LEMBRADE QUE ESTE CONTO TÉMOLO NA BIBLIOTECA E PODEDES VIR, CANDO PASE ESTO, E LEELOS AQUÍ OU LEVALOS PRESTADOS.
NESTE OUTRO VÍDEO LUISA, UNHA RAPAZA DE 14 ANOS,  EXPLICA CLARAMENTE QUE É SER UNHA PERSONA TRANS:
ÁNlMO FAMlLlAS !

                                     

luns, 30 de marzo de 2020

Luns 30

OOOLA!! 
OUTRA SEMANA MÁIS QUE COMEZA.
ESTOU UN POUCO NUGALLÁN, IGUAL É POR SER LUNS, QUEN SABE…

ESTOU A MIRAR POR AQUÍ, POR ACOLÁ PARA RECOMENDARVOS UNHAS LECTURAS.
ESTA VEZ VOUNAS POÑER SOMENTES AQUÍ.

QUE TAL UNS   PASATEMPOS  PARA ENTRENAR A CABEZA?
IMOS ALÁ:

$ PARA @S MÁIS CATIV@S...

 BUSCAR OS NÚMEROS 1, 2, 3,… CONTALOS, DICIR AS PARTES DO CABALO ONDE ESTÁN, COLOREARLOS. SEMPRE ADAPTANDO Á IDADE/NIVEL.

$ PARA @S QUE XA SABEN UN POUCO MÁIS…

CANTO SUMAN TODOS OS NÚMEROS QUE TEN O CABALO?

$ PARA @S QUE QUEIRAN ENREDAR ALGO MÁIS…
DESPRAZÁMONOS POLAS PARTES DO CABALO DO A ATE O B.
EN CADA UNHA HAI UN NÚMERO QUE TES QUE IR SUMANDO.
¿CAL É O RESULTADO MÍNIMO QUE PODES OBTER?
Este resultado dígovolo o venres.
A DARLLE A CABEZA
ÁNlMO FAMlLAS !! 

domingo, 29 de marzo de 2020

29 de marzo

OOOLA!! 
COMO ME GUSTA MOITO A MÚSICA, VOU PASAR O DIA ESCOITANDO BANDAS SONORAS.
PARA COMEZAR O DIA...

PARA FACER MAXIA...

PARA FACER TRASNADAS...
PARA ESCOITAR COS OLLOS PECHADOS...
VOUVOS POÑER TAMÉN UNS ENLACES POR SE QUEREDES ENREDAR UN POUCO ADIVIÑANDO DE QUE PELÍCULA SON AS MELODÍAS...


ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

sábado, 28 de marzo de 2020

Sábado 28


OOOLA!!  

HOXE LEVO XOGANDO CASE TODA A MAÑÁ. ESTOUNO PASANDO PIPA COA COLECCIÓN DE XOGOS QUE TEÑO NA BIBLIOTECA.
SABEDES QUE? GAÑEI UNHA VECES E OUTRAS NON, PERO O IMPORTANTE É  QUE ESTOU  A PASALO EN GRANDE XOGANDO.

VOUVOS FALAR DUN DOS XOGOS COS QUE MELLOR O PASEI:


O MIKADO
 OS PALILLOS CHINOS.
                                        
CHINA APORTOUNOS MOITAS E MOI BOAS COUSAS, NON SO O VIRUS ESTE, TAMÉN ESTE XOGO TRADICIONAL.

ASÍ QUE DIRIXINME Á LIBRARÍA ONDE ESTÁN OS XOGOS, ONDE? 
O EQUIPO DE VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA VOLO DIRÍAN NUN PERIQUETE, BUSCAMOS O AUTOBÚS ROSA E NO  7.9.  XOGOS, ESPETÁCULOS, DIVERSIÓN   E ALÍ ESTABA.

ESTE XOGO EXIGE  UNHA  GRAN  HABILIDADE MOTRIZ PORQUE HAI QUE TER UN PULSO FIRME, CONCENTRACIÓN E MOITA  PACIENCIA PARA COLLER O MÁXIMO NÚMERO DE PAUCIÑOS DUN MONTÓN, SEN QUE SE MOVAN OS DEMÁIS. 
ORIXINARIAMENTE,  AS  VARILLAS  ERAN  DE  MARFIL.  HOXE  EN  DÍA  SON DE MADEIRA OU DE PLÁSTICO. 

PODE XOGAR UN CONTRA SI MESMO, OU VARIOS ACORDANDO AS REGRAS ANTES PARA QUE NON HAXA MALENTENDIDOS.
XÓGASE CON PALILLOS DE DISTINTOS CORES E UN DE COR NEGRA.
SEGUNDO A COR DOS PALILLOS TEÑEN PUNTUACIÓN DIFERENTE.
HAI QUE POÑERSE EN CÍRCULO PARA XOGAR E TIRAR OS PALILLOS NO MEDIO.
O OBXECTIVO É COLLER O PALILLO NEGRO SEN QUE SE MOVA NINGÚN DOS OUTROS, MAIS PODEDES ACORDAR PARTIDAS NAS QUE GAÑE QUEN MÁIS COLLA DUNHA TACADA OU NUNHA RONDA, TANTO TEN.
HAI QUE XOGAR SEN FACER TRAMPAS.
PODEDES XOGAR TODA A FAMILIA A VER QUEN TEN MELLOR PULSO PACIENCIA E CONCENTRACIÓN.
CANDO SE MOVA ALGÚN, “QUE PASA SEGUIDO”, CAMBIA O TURNO.

QUEN COMEZA?
 BOTÁMOLO A SORTES:
“UN GATO CAEU NUN POZO,
AS TRIPAS FIXERON GUÁ.
ARREMOTO, PITIPOTO
ARREMOTO, PITIPÁ
TÓ CA CHE   CO ME ZAR”

QUE NON TEDES O XOGO NA CASA, NON IMPORTA, IMPROVISAMOS RÁPIDAMENTE:

CON TALLARÍNS, A MODIÑO QUE PODEN ROMPER AO DEIXALOS CAER, FACÉMOLO COMO SE FORAMOS COCELOS E SUAVEMENTE ESPALLÁMOLOS SOBRE UNHA SUPERFICIE LISA. UNHA MESA OU MELLOR NO CHAN, PARA QUE NON “SE MOVAN”.

CON ROTULADORES TAMÉN PODEMOS XOGAR.

COS PALILLOS DE BROCHETAS.

              QUEN DIXO MEDO?
A  XOGAAAR!

 ÁNIMO FAMILIAS !
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

venres, 27 de marzo de 2020

Venres 27


OOOLA!!

QUE POR QUE LEVO ESTAS CAROUTAS?

PORQUE ESTAS MÁSCARAS SON O SÍMBOLO DO TEATRO.

PORQUE HOXE 27 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA DO TEATRO E RÍNDOLLE UNHA HOMENAXE A TODO O MUNDO QUE CO SEU TRABALLO DAN FORMA FÍSICA AS OBRAS LITERARIAS QUE ESCRIBEN AS E OS DRAMATURGOS.

SABEDES CANTOS PROFESIONAIS FAN FALTA PARA PODER MONTAR UNHA OBRA DE TEATRO E LEVALA POLAS DISTINTAS SALAS PARA REPRESENTALAS? 
ISTO  É  UN  PINCO.RETO !!!

ESPERO RESPOSTAS DAS DIFERENTES PROFESIÓNS RELACIONADAS, EXPLICAMOS QUE É O QUE FAN, OU FACEMOS UN DEBUXO.

Á VOLTA DO COLE HABERÁ PREMIO PARA AS LISTAXES MÁIS LONGAS.

A VER QUEN SABE MÁIS!

PARA DARVOS UNHAS PISTAS DÉIXOVOS ESTES ENLACES PARA CELEBRAR ESTE DÍA.
AQUÍ NON FALAN!

AQUÍ NON PARAN DE FALAR!

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

xoves, 26 de marzo de 2020

Xoves 26

OOOLA!! 

COMO ME RIN ONTE,
escoitei a Luis Piedrahita NA RADIO E CASI ESCACHO DA RISA.
QUEEE?   NON SABEDES QUEN É?

Luis Piedrahita É NADA MÁIS E NADA MENOS QUE HUMORISTA, ESCRITOR, DIRECTOR DE CINE, MAGO DAS COUSAS PEQUENAS, ILUSIONISTA,… UN ARTISTA COMO A COPA DUN PINO.
COMO ESTAMOS CO PROGRAMA DE ESCOLA SAUDABLE RECOMÉNDOVOS ESTE PROGRAMA DE COCIÑA/HUMOR DE Luis Piedrahita  1,2, CHEF! QUE VOS LEMBRA A IMPORTANCIA DE COMER DE FORMA SAUDABLE, OLLADE!


A QUE ESTÁ BEN!

POIS HOXE SÍNTOME MOI LEDO E VOUVOS POÑER UN CHISCO DE MAXIA DA MAN DE Luis Piedrahita.

ESTÁ A CONTAR PEQUENOS TRUCOS DE MAXIA PARA PASAR MELLOR ESTE SINFINAMENTO

 ABRA CADABRA, PREME AQUÍ

A QUE É POSITIVO BOTAR UNHAS RISAS?

OUTRO DIA CONTOVOS MÁIS DE Luis Piedrahita.

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Mércores 25

OOOLA!! 


COMO VAI ISO?

COMEZAMOS HOXE
        "CANTANDO"

UNHA MÁGOA NON PODER SAÍR DE CASA,
 MAIS  HAI QUE SER POSITIVOS.

BUSCADE UNHA COUSA BOA QUE TEÑA QUEDAR TODOS OS DIAS EN CASA.

VEREDES CANTAS COUSAS BOAS HAI!   

EU

ESCRIBIRVOS TODOS OS DÍAS: POSITIVO!

TEMPO PARA RELER MOITÍSIMOS DOS LIBROS DA BIBLIO: POSITIVO!

CÓNTAMO NUN EMAIL AO MEU CORREO  


ÁNIMO FAMILIAS!
              TODO  VAI  A  IR  BEN!!