mércores, 22 de decembro de 2021

O QUE MÁIS ME GUSTA FACER É...

Estes días de Nadal, as voluntarias da biblioteca, estiveron ollando e ordenando o andel 82-F, que é no que están os fondos que elaboran nas aulas e na biblioteca ao longo dos anos:

  Feito por Nós. 

Pasárono en grande relendo o libro viaxeiro que fixeran cando estaban na clase de 5º de infantil no curso 2013-2014, case nada.
 Como querían compartir ese momento tan agradable que pasaron, ao día seguinte foron na hora de ler á clase de 6º de primaria, onde estaban a maioría d@s autor@s deste fantástico caderno con moitas lembranzas para toda a nosa comunidade educativa.

As gargalladas escoitábanse por todo o corrredor...  

Neste vídeo podedes ollar o ben que o pasaron

Esperamos que gocedes mirando a montaxe.

martes, 21 de decembro de 2021

NADAL 2021 NA PONTE

 OOOOLA!!

 

REMATOU O TRIMESTRE E MAILO DURO QUE FOI POLAS BAIXAS ABUNDANTES QUE TIVEMOS POLA COVID-19, NON HOUBO QUE CONFINAR NINGUNHA AULA E SEGUIMOS PARA DIANTE.

TANTO PARA OS E AS QUE PUIDESTES VIR, COMO PARA AS E OS QUE QUEDASTES NA CASA CONFINADXS VOUVOS RESUMIR O QUE FIXEMOS ESTE ÚLTIMO MES DE DECEMBRO TAN ESTRAÑO OU MÁIS QUE O DO 2020.

QUERIAMOS TENTAR QUE FORA O MÁIS “NORMAL” POSIBLE, ESTE BECHO NON VAI PODER CON NÓS.

DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS CON MENSAXES DE ÁNIMO E ESPERANZA FEITOS NA CLASE.

ESTE CURSO GAÑARON CLARAMENTE AS ÁRBORES, PERO TODAS DIFERENTES, BEN LUCIDAS  E FEITAS COLABORANDO NA SÚA ELABORACIÓN.

RESPECTANDO AS TRADICIÓNS, ELABORAMOS AS POSTAIS DE NADAL PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA COS DEBUXOS DO ALUMNADO MÁIS PEQUENO E OS TEXTOS CREATIVOS DAS CLASES DE PRIMARIA.  

COSTOU UNHA BARBARIDADE DE TEMPO ESCOLLER ENTRE AS DIFERENTES OBRAS QUE PRESENTARON. AO FINAL COMBINAMOS OS DEBUXOS COAS TRASEIRAS E QUEDARON UNHAS POSTAIS PRECIOSAS.

  

ONTE GRAVAMOS O VÍDEO DE FELICITACIÓN CON TODO O ALUMNADO QUE PUIDO VIR AO COLEXIO PARA TODAS E TODOS OS QUE QUEDARON NA CASA. MIRÁMOLO HOXE NAS AULAS.

 OLLADE QUE CHULO QUEDOU...

HOUBO TEMPO PARA LER E XOGAR COAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA, E COS FONDOS DO NADAL EXPOSTOS XUNTO A ÁRBORE ADORNADA COS NOSOS ADORNOS. 



@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA AXUDARON A FACER A MENSAXE DE FELICITACIÓN PARA A EXPOSICIÓN DE NOVIDADES, QUE ESTE ANO FOI TAMÉN EN INGLÉS. 

A NOSA ORIENTADORA, BEA, FOI CONTANDO POLAS CLASES O CONTO ¿DÓNDE ESTÁN LAS REINAS DE ORIENTE?  DEIXANDO BEN CLARIÑO A LABOR  QUE FAN AS TRES RAÍÑAS.

 

MALIA NON PODER FACER UN FESTIVAL XUNTOS, VIÑEMOS MOI ELEGANTES PARA FACER UN FIN DE ANO PARTICULAR. 🎄☕🎄☕🎄☕🎄

COMPARTIMOS AS BADALADAS POR MEGAFONÍA ÁS DOCE DO MEDIODÍA TODAS AS AULAS TOMANDO “GUSANITOS” E LOGO UN CHOCOLATE CON ROSCA SEGUINDO TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE E BEN ABRIGADOS PORQUE AS FIESTRAS ESTABAN ABERTAS DE PAR EN PAR. 🎅🎄 🎅

HOXE LEVARON, XUNTO COAS NOTAS, OS TRÍPTICOS COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL EN PAPEL.



LEMBRADE CONTINUAR COAS MEDIDAS DE HIXIENE, LAVADE AS MANS SEGUIDO, POÑEDE MÁSCARA E GARDADE DISTANCIA PARA VIR O ANO QUE VEN CON FORZAS RENOVADAS E CASE TODO O ALUMNADO VACINADO.

OLLO COAS DISTANCIAS!! 

🎅🎄🎄   FELIZ ANO 2022!!   🎄🎄 🎅

sábado, 4 de decembro de 2021

Recomendacións Lectoras do Nadal

OOOOLA!!

XA ESTÁN AÍ AS VACACIÓNS POLO NADAL.


NO CORREDOR DA BIBLIOTECA 

DEIXEIVOS ALGUNHAS DAS NOVIDADES

DO NOSO CATÁLOGO.

NO ESPAZO DE LECTURA INFORMAL,

TEDES TAMÉN UNHA SELECCIÓN DE LIBROS E REVISTAS CON LECTURAS

 CON TEMÁTICA NAVIDEÑA. 

 

PARA QUE VAIADES ESCOLLENDO LECTURAS PARA INCLUIR NAS CARTAS PARA PAPÁ NOELO APALPADOR OU 

PARA OS REIS MAGOS

DEIXO AQUÍ UNHAS SUXESTIÓNS DE LECTURA

 QUE FIXEN PARA VÓS.

ESPERO QUE VOS GUSTEN

ABURIÑO!!

OLLO!! COAS DISTANCIAS