sábado, 29 de xaneiro de 2022

PONTE a Negociar

Este é o lema escollido este curso no noso colexio para a celebración do Día Escolar da Paz.

O alumnado de 6º de infantil axudou a decorar e recortar as letras do lema:

Os alumnos e as alumnas de cada grupo fixeron relación dos conflitos máis habituais que xorden nas aulas e no centro, traballaron por equipos colaborativos propoñendo maioritariamente o diálogo para a súa resolución.

Na celebración de hoxe, o alumnado de 6º leu un manifesto en defensa da negociación e o diálogo como instrumento de resolución de conflitos, lembrando as palabras do gañador en 1984 do Nobel da Paz, Desmond Tutu, finado hai un mes: 

“Se queres a paz,

 non fales cos teus amigos,

 fala cos teus adversarios” 

Seguidamente foron expoñendo un dos conflitos traballados en cada clase e o camiño de resolución negociado, debatido e acordado.


                                   Cando alguén che quita algo...                
O reparto da zona de xogos e o seu uso...
Cando non se respecta a quenda na fila...
Cando non se respectan as normas Covid...
O reparto de quendas e o tempo do uso dos vestiarios...
Cando non escoito e non respecto as ideas dos meus compañeiros...
Cando non consigo o que quero...

Rematamos a celebración cantando e bailando a canción “Libertad”  de Nil Moliner

(Clica no título da canción para ver e escoitar o videoclip).

Os alumnos e as alumnas de 5º curso de primaria animaron a todo o mundo para facer unha coreografía coa canción que aprenderan co profe Sergio.