xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

OOOOLA!! 

COMO XA SEI QUE REPASASTES COS TITORES E TITORAS AS PARTES DUN LIBRO, QUE É O QUE NOS INDICAN AS ETIQUETAS QUE LEVAN NO LOMBO E QUE LEMBRASTES AS NORMAS DA BIBLIOTECA...

APROVEITEI ESTE FEITO PARA MANDARVOS OUTROS RETOS MÁIS, DISTINTOS PARA CADA AULA, PARA QUE POIDÉRADES COMPROBAR O QUE TIÑADES APRENDIDO. 

TAMÉN PARA QUE DE PASO BOTÁRADELLES UNHA OLLADA AOS NOVOS FONDOS RELACIONADOS CO PROXECTO NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO ESTE CURSO.

HOXE, NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, FOI O DÍA DO COMEZO DUNHA VIAXE MOI ESPERADA CADA CURSO POR ESTAS DATAS.

COMEZARON NESTE DÍA A RULAR POLAS CASAS DAS FAMILIAS AS MALETAS VIAXEIRAS CHEAS DE CONTOS, XOGOS, INFORMACIÓN, PELÍCULAS,...

AS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA ENCARGÁRONSE DE REPARTILAS POR TODAS AS AULAS DE PRIMARIA.

AO REMATAR O RECREO, NA HORA DE LER,  XUNTOUSE TODA A RAPAZADA DE INFANTIL, NO PATIO CUBERTO PARA GOZAR DA DRAMATIZACIÓN DO CONTO “CORRE, CORRE CABACIÑA” ,de Eva Mejuto, QUE MONTARON VARIAS VOLUNTARIAS VETERANAS DA BIBLIOTECA.

PREVIAMENTE BOTARON ALGÚN QUE OUTRO RECREO NA BIBLIOTECA PARA PREPARAR  E ENSAIAR ESTA LECTURA.

ATA  PRONTO!