O SAMAÍN chegou de novo ao noso cole e gozamos moito del.
VELAIVÁ UNHA MOSTRA DO ACONTECIDO.
Comezamos traballando relatos curtos de medo nas aulas de primaria e dándolle un aire TERRORÍFICO ao centro:
TÚNEL DO TERROR E ESCENARIO |
- Decoramos as portas.
- O corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando, o Carballo burlón semellaba unha momia e unha escolma de contos de medo, bruxas, pantasmas e monstros listos para ler.
- O venres 28 case todos estabamos terroríficamente vestidos e preparados para pasar polo corredor do medo.
- Logo houbo unha celebración con cancións, relatos de pantasmas e zombis e o profe Avelino leunos un conto a escuras.
CHEGADA AO CENTRO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario