A decisión de proclamar o dia
21 de marzo como DIA MUNDIAL DE LA POESÍA foi aprobada pola UNESCO no ano 1999
en París.
De acordo coa decisión da
UNESCO, o principal obxectivo desta acción é APOIAR a diversidade lingüística a
través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un
vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Por outra banda, este Día ten
como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos
recitais poéticos; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de
comunicación para que se considere unha vía de expresión que permite ás
comunidades transmitir os seus valores e reafirmarse na súa identidade
restablecendo o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas.
Esta semana imos adicar as sesións de Hora de ler á poesía. Leeremos, escoitaremos, sortearemos, compartiremos e mesmo debuxaremos poemas de varios poetas, adicándolle un papel principal a GLORIA FUERTES no centenario do seu nacemento.
MARZO, TERCER MES DEL AÑO.
LLUEVE LLUVIA,
NIEVE NIEVA,
HACE UN FRÍO QUE PELA…
PERO EL DÍA VEINTIUNO,
¡ VIENE MI PRIMA VERA!
Pensamientos, refranes y
apariencias. Gloria Fuertes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario