venres, 10 de marzo de 2017

XOGA

Hoxe fomos todo o alumnado de infantil do cole a Pontevedra a ver a obra de teatro XOGA, no auditorio do Pazo da Cultura.

Despois de baixar do bus,  ao entrar no Pazo, o primeiro que vimos foi...
O MURAL QUE FIXERAMOS NO COLE PENDULADO NA ENTRADA MESMA DO AUDITORIO!
A obra contaba como era o noso corpo con imaxes e dúas chicas danzando.

Estivemos caladiños e demos palmas.
 Gustóunos moito e pasámolo moi ben.
  Saíndo en orden do auditorio.  
Portámonos tan ben, que ao saír do auditorio estaba ORBIL esperándonos. 
Saudámolo todos e todas as que quixemos.
  ORBIL saúdándonos.  

E despois dun dia tan completo, chegou a hora de voltar ao colexio e logo á casa.
Como nos portamos tan ben, o luns voltamos ao Salón do Libro, pero esta vez imos ver a exposición e todos os traballos.
Ademáis hai unha sesión de contacontos preparada para nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario