OOOOLA!!!!
ESTOU ENCANTADO CO email QUE ME
MANDASTES, E POR SUPOSTO COA MARABILLOSA HISTORIA QUE ESCRIBISTES.
COMO ME GUSTOU TANTO E TRABALLASTES TAN BEN CÓLGOA NO MEU BLOG PARA COMPARTILA CON TODO O MUNDO E QUE POIDAN TER A OPORTUNIDADE DE GOZALA COMO EU.
CON TODOS VOS...
OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO
CONTAN O SEU CONTIÑO
O curso pasado recibimos a triste noticia do falecemento de Xosé Neira Vilas, a finais do mes de novembro. En homenaxe a el, estivemos lendo na clase “O espantallo amigo”, unha das súas novelas para nenos máis coñecidas. Encantounos o espantallo protagonista polo boíño que era e polo moito que se preocupaba polos demais.
Por outra banda, este curso soupemos que outro escritor marabilloso en lingua galega, Carlos Casares, ía ser por fin o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano 2017. Na clase limos un dos seus primeiros contos para nenos “A galiña azul”. Deunos moita pena a pobre galiña, xa que a xente mala non a aceptaba por ser diferente.
Entón ocorréusenos pensar que se se chegan a ter coñecido o espantallo e a galiña azul seguramente se farían amigos e seguro, seguro que o espantallo había axudar á galiña co seu problema.
Decidimos facer un contiño sobre os dous personaxes para a nosa revista.
Aí vai!
A ver se vos gusta o mesmo que a nós!
A VERDADEIRA HISTORIA DA GALIÑA AZUL
Estaba o Espantallo todo contentiño debaixo da figueira cando veu unha galiña. Estrañoulle porque non era igual cas demais galiñas. Era de cor azul e tiña na á dereita cinco plumas vermellas. E díxolle:
- Ola amiga galiña. Que fas por aquí con esa cara tan triste?
- É que ando escapando das autoridades, porque me queren matar- contestou a galiña azul toda chorosa – Eles din que me queren levar ao veterinario, pero o meu dono Lorenzo di que me van matar e eu créolle.
- Quérente matar? E logo? Iso é terrible!
- Xa o sei. Por iso escapo. Di o alcalde Manolito Listón que non son unha galiña como é debido. Non ves que son rara?
- Rara por que?
- Non ves que son azul con plumas vermellas? Ademais digo cocorocó. Lorenzo quere que aprenda a dicir cacaracá como as demais, pero non me sae. E para colmo poño ovos de cores. Mira.
E a galiña puxo un ovo azul clariño.
- Que chulo!- dixo o espantallo – Sí, é certo que non es como as demais, pero iso é ser diferente, non rara. Ademais a min parécesme moi bonitiña e interesante. E dis que todos te queren matar?
- Todos non. Os vecinos e as outras galiñas quérenme moito e non saben como me van axudar.
- Pois eu teño unha idea. Dille a todos que veñan falar comigo.
E así foi. Chegaron alí máis de mil vecinos e o espantallo dixo:
- Ocorréuseme que a mellor maneira de arranxar as cousas é tinguir de azul todas as galiñas do lugar pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arredor da galiña azul de Lorenzo. Cando cheguen os gardas atoparán tanta galiña igual que non saberán cal é a de verdade.
- E cando chova? – preguntou Lorenzo.
- Polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante. Ademais eu teño uns amigos, os merlos, que xa me axudaron unha vez que houbo treboada. Eles saben arredar as nubes batendo as súas ás. Tamén teño moitos amigos máis que seguro que vos axudan tamén.
Así que de momento o problema da nosa galiña está solucionado e o espantallo ten agora moitos máis amigos e amigas que antes. Así que se tedes un animaliño diferente xa sabedes a quen lle tedes que pedir consello.
E colorín, colorado, conto galiñado, perdón, rematado…..
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario