¡¡Que xornada máis completa tiveron os alumnos e alumnas da clase de 5º e 6º de primaria!!
A primeira hora marcharon a Pontevedra ao circuito de Educación Vial que ten en Mollabao a Policía Local de Pontevedra. Alí puxeron en práctica todo o aprendido na escola.
Despois dunha charla inicial de formación, comezou a posta en práctica do aprendido. Fixeron de peóns, ciclistas, condutores por quendas.
Foi unha actividade da que esperamos que queden interiorizadas as boas maneiras de circular polas rúas, beirarúas e estradas.
Boa viaxe!
Eiquí tedes unha pequena mostra do acontecido.
Ollade que caras!!
A cousa é que despois de conducir, foron de visita á redacción de Pontevedra Viva radio.
Despois de ver como era aquelo, gravaron un programa entrevista moi entretido e interesante. Como non foi en directo, avisaremos cando o retransmitan.
Graciñas a Policía Local de Pontevedra e ao equipo de Pontevedra Viva radio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario