venres, 24 de novembro de 2017

25 NOVEMBRO 2017

Para a conmemoración do Dia Mundial da Eliminación da Vilolencia de Xénero sobre a Muller, acordamos este curso traballar no centro o lema
NIN MÁIS NIN MENOS.
con todo o alumnado.
Montamos un pequeno vídeo con este lema coa participación do alumnado e da comunidade educativa.
Explicamos en todas as aulas lendo historias como ROSA CARAMELO e ARTUR E CLEMENTINE, mirando vídeos e dramatizando por parellas o lema deste curso.
Ti no es máis ca min,
Eu non son menos ca ti.
Escollemos palabras en todas as aulas: unhas que tiñamos que rexeitar para sempre e outras que procurar no centro, na casa, na nosa vida. Entre todas as que foron agromando, escollemos dúas en cada aula para que apareceran no mural elaborado entre todas e todos.
O luns imos facer un acto aberto a toda a Comunidade Educativa no patio do centro:
·       alumnas e alumnos de 6º de primaria lerán un manifesto
·       falarán representantes da ANPA do centro
·       o director explicará como e porqué se fixo o mural e contará a historia de “Artur e Clementina” .  
·       Veremos o vídeo “Nin máis, nin menos”
·       E remataremos o acto cantando entre todos SORRINDO a canción que compuxo o profe Sergio o ano pasado.

Deixámosvos un enlace das historias de Adela Turín:
        
Se queredes lembrar máis:


LEVARSE BEN MOLA


mércores, 22 de novembro de 2017

A VOZ DO VERDUGO Nº7

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.

Nesta ocasión, o contido dos artigos xira arredor da mirada e experiencias de familias e exalumnos/as deste colexio ao longo dos 35 anos de traxectoria vital do CEIP de Ponte Sampaio.



Agradecemos a  colaboración aos redactores e redactoras dos artigos deste número de A VOZ DO VERDUGO.
Esperamos continuar coa edición deste boletín coa vosa imprescindible colaboración.
Somos noticia en Pontevedraviva

xoves, 2 de novembro de 2017

Outro ano máis chegou o SAMAÍN ao colexio da Ponte.

Como estamos a traballar Os Castelos en todo o centro… pantasmas, bruxas, morcegos,... non tiña duda.

Suxeriuse  decorar as cabazas do concurso contando co mundo dos castelos, e que as acompañara unha rima.

Decoramos portas, aulas e corredores.

O corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando.
Tiñamos unha morea de Contos de Medo preparados para ler e tremer.
O martes 31 o centro metía medo. Zombis, monstros, bruxas, pantasmas por todas partes.
Logo da votación da cabaza gañadora, os alumnos e alumnas de 6º de primaria foron amosándoa por todas as clases xunto co premio, 
un libro de monstros en inglés.

Rematamos o día pasando, o que quixera, polo 
Túnel do Medo e cantando, contando e dramatizando terroríficas historias.
Podedes ver máis neste enlace