Para a
conmemoración do Dia Mundial da Eliminación da Vilolencia de Xénero sobre a Muller, acordamos este curso traballar
no centro o lema
NIN MÁIS NIN MENOS.
con todo o
alumnado.
Montamos un pequeno
vídeo con este lema coa participación do alumnado e da comunidade educativa.
Explicamos en
todas as aulas lendo historias como ROSA CARAMELO e ARTUR E CLEMENTINE, mirando
vídeos e dramatizando por parellas o lema deste curso.
Ti no es máis ca min,
Eu non son menos ca ti.
Escollemos palabras
en todas as aulas: unhas que tiñamos que rexeitar para sempre e outras que
procurar no centro, na casa, na nosa vida. Entre todas as que foron agromando,
escollemos dúas en cada aula para que apareceran no mural elaborado entre todas
e todos.
O luns imos facer
un acto aberto a toda a Comunidade Educativa no patio do centro:
· alumnas e alumnos de
6º de primaria lerán un manifesto
· falarán representantes
da ANPA do centro
· o director explicará como e porqué se fixo o mural e contará
a historia de “Artur e Clementina” .
· Veremos o vídeo “Nin
máis, nin menos”
· E remataremos o
acto cantando entre todos SORRINDO a canción que compuxo o profe Sergio o ano pasado.
Deixámosvos un
enlace das historias de Adela Turín:
Se queredes lembrar máis:
LEVARSE BEN MOLA |