martes, 10 de abril de 2018

Visita ao Salón do Libro



Hoxe visitamos en Pontevedra o Salón do Libro.

Recibiunos Orbil, houbo apertas para todos os grupos, mesmo lle tomou o pelo aos alumnos e alumnas de infantil facendo que papaba a súa mascota.

Mentras esperabamos para entrar visitamos a zona de lecer do Salón, 
gozando dos distintos recunchos que teñen alí montados coa temática de México, o país convidado nesta edición.
Houbo momentos para as cancións, rancheras e corridos que sabían algúns alumnos,o Profe Sergio e a profe Josefa;
momentos na BEBETECA cos máis novos, no RECANTO LECTOR e merendando na CANTINA.


Logo da merenda repartímonos en varios grupos nos que uns ían a obradoiros e outros a contacontos.

 Cando remataron as actividades fixemos unha visita cos monitores por toda a exposición mirando os traballos presentados,facendo xogos nos distintos espazos habilitados polo Salón do Libro.
 O que fixemos nós tamén!!
As paredes estaban decoradas cos nomes de profesións necesarias para a creación e difusión dun libro e as súas definicións, MULLERES DE CONTO

narradora, escritora, ilustradora, tradutora, editora, libreira, mestra, lectora, bibliotecaria…


Ao final tremenda molladura no camiño do autobús ata ao colexio, pero pagou a pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario