Hoxe viñeron de
visita os nenos e as nenas que van vir ao cole o próximo curso.
Estaban "os maiores" nas aulas
moi nerviosos esperando por "os pequenos".
Repartímolos entre
as tres aulas de infantil e pasaron unha hora nas aulas investigando como eran,
xogando, escoitando contos e merendando.
Portáronse de medo e pasárono moi ben!
Xogaron no tobogán, correron e gozaron coa
representación que lles fixeron as voluntarias da biblioteca que representaron “O galo Quirico” para toda a rapazada.
Tan ben o pasaron que
algún quería quedar…
Quedamos en vernos
todos á volta das vacacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario