Outro curso máis contamos no tempo do outono coa colaboración da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.
Logo de ter unha pequena charla co alumnado de 1º de
primaria e 6º de infantil saímos pola contorna do colexio na procura de cogomelos.
Despois de tanta choiva, e co sol destes dous días, o tempo era
bastante propicio para atopar moitos cogomelos.
Paseniño, paseniño apañamos bastantes cogomelos.
Ao final axudamos a Jaime, de Brincabois, a colocar os cogomelos que quedaron expostos e clasificados coa súa etiqueta os exemplares que atopamos para que o resto do alumnado e as familias puideran compartir a colleita e o que aprendemos.
Se queredes podedes atopalos na entrada do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario