xoves, 18 de outubro de 2018

CIBEREXPERT@S


O alumnado de 5º e 6º de primaria do colexio está incluído no Proxecto Edixgal da Consellería de Educación e O. U. para a implantación do libro dixital nos centros educativos, polo que o contacto co ordenador e coa internet é diario. Este feito, ademais do uso continuo das novas tecnoloxías fai necesario que teñan ferramentas para navegar dun xeito seguro. 

Este curso académico o centro escolar solicitou formar parte do programa “Ciberexpert@s” da Policía Nacional, desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a  súa contorna.
O programa Ciberexpert@s   busca que os menores e o entorno educativo e familiar aprendan sobre ferramentas, aplicacións e outros recursos tecnolóxicos que lles axuden a ter unha navegación máis segura. 

O Policía Nacional Delegado de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra, durante  dez sesións de formación no centro, achegoulles ao alumnado do último curso do colexio de Ponte Sampaio información sobre os perigos que pode entrañar a Internet.

 Acadaron coñecementos sobre a identidade dixital, grooming, ciberacoso, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inaxeitado e xestión da privacidade.
Como superaron todas as sesións e o test final, todos os allumnos e alumnas recibirán un carné de ciberexpert@s, impreso pola “Fábrica de Moneda y Timbre” que non é posible falsificar.


Aí tendes os enlaces á prensa dixital.





Ningún comentario:

Publicar un comentario