domingo, 31 de marzo de 2019

Visita ao Salón do Libro Infantil

Xa nos tardaba a visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste curso.
Recibíunos ORBIL na entrada. Como xa fora polo colexio os máis pequenos estaban doentes por velo de novo e na súa casa.
Esta edición, 20 anos van xa, ten como eixe "A Revolución" e a Lusofonía
Antonio García Teijeiro, autor homenaxeado desta edición do Salón do Libro, visitou o noso colexio curso pasado.

Repartímonos  por grupos coas monitoras para ir ás distintas actividades que nos tiñan preparadas.
O alumnado de infantil estivo coa escritora portuguesa Margarida Botelho contou varias historias comparando a vida de dúas rapazas nunha contorna de cidade e dunha aldea da Amazonia, de Mozambique e de Lisboa.
Logo visita polo salón facendo xogos, vendo os traballos presentados e aprendendo moitas cousas sobre inventos revolucionarios e unha pequena retrospectiva das anteriores edicións.
Os maiores de primaria fixeron unha visita máis polo miúdo.
É unha marabilla a creatividade que amosan as creacións presentadas e que dun tema común para todos haxa unha variedade tan grande de propostas.

 O noso traballo lucía ben vistoso na exposición.
Esperamos con gran emoción o tema da próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

xoves, 28 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Celebramos  o Día do Teatro con diferentes actividades ao longo da semana.
O luns fomos a ver a obra de teatro "Mai-Mai" ao Pazo da Cultura co alumnado de infantil.
O mércores no colexio contamos coa  colaboración das voluntarias da biblioteca, que dramatizaron unha obra con monicreques para o alumnado do colexio.

Viñeron outro ano máis  Carlos e Enrique de Polo Correo do Vento. Animaron ao  alumnado de 1º e 2º de Primaria e de 4º de Infantil cun obradoiro de debuxo e contacontos.
 Mentras Enrique  contaba o seu conto "Mario pensaba que o Galego non servía para nada", Carlos ía pintando un debuxo do que relataba. 
Este magnífico debuxo quedou para o goce de todo o alumnado.
Somos noticia:

luns, 25 de marzo de 2019

MAI-MAI

Os alumnos e alumnas de Infantil  foron os primeiros do colexio en comezar coas actividades para os centros escolares colaboradores da organización da 20ª edición do Salón do Libro.
Tiveron a sorte de ir hoxe á estrea  do espectáculo “Mai-Mai” da compañía Baobab Teatro en Pontevedra, no Pazo da Cultura.
O argumento da obra xira arredor da concienciación medioambiental a través dunha historia na que os protagonistas son unha reporteira moi revolucionaria e loitadora, un fotógrafo e o último Oso Panda do noso planeta.
Todo o alumnado e mestras que gozaron deste marabilloso e entrañable espectáculo quedaron encantadas.
Noraboa para a compañía Baobab Teatro.
Mirade que osiño panda fixeron na clase de 6º de Infantil!

venres, 15 de marzo de 2019

VOLTAS E REVOLTAS POLO CAMIÑO

Comezamos ao comezo do curso a andaina do Camiño de Santiago.
Para participar na XX edición do Salón do libro de Pontevedra, adicada “A REVOLUCIÓN”.
Acordamos facer a nosa propia Revolución e o traballo que presentamos "xira" arredor do Camiño.


Xa está listo o traballo para o Salón do Libro.
Agora verémolo exposto na visita que faremos o próximo 29 de marzo á exposición en Pontevedra.

xoves, 14 de marzo de 2019

Día de PI




Celebramos este día con variedade de actividades matemáticas.


En infantil representaron coas regretas psos na cidade de p


e ensartaron contas para facer pulseiras seguindo os primeiros díxitos do númerop.
 
Para celebrar o HAp DAY, os voluntarios axudaron colgar o mural no corredor,
 foron polas clases explicando que era p
repartiron pasteis co seu símbolo
e cantaronnos unha canción sobre o número p no ximnasio.

ATA LOGUIÑO!

luns, 11 de marzo de 2019

Enterro da sardiña


OOOLA!!
 GUSTOUME MOITO O CONTO QUE VOS LERON AS PROFES
 "MARISÉ E O LORO RAVACHOL" DE María Fanjul González.
PERO LOGO...
MORREU A SARDIÑA!!

LOITO RIGUROSO, CHORAMOS POR ELA, LEVÁMOLA  FACENDO UN PERCORRIDO POLO COLEXIO E VAREÁMOLA.

 QUE MÁGOA, CO BONITIÑA QUE VOS QUEDARA...
¡¡POIS NON QUEDA OUTRA!!
REMATADO O ENTROIDO, ALÁ FOI A SARDIÑA!
ATA LOGUIÑO!

domingo, 10 de marzo de 2019

8 de marzo

Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, na escola fixemos un acto no que convidamos a varias nais e familiares do alumnado para que lle amosaran aos rapaces e rapazas como era o seu traballo,  anteriormente  de "xénero masculino" : ÁRBITRO DE FÚTBOL, PATROA DE BARCO e MILITAR.

O venres fíxose co alumnado  grupos de distintos niveis e,  traballando de xeito cooperativo, o alumnado foi  pescudando nos seus equipos información sobre mulleres pioneiras nos fondos da biblioteca, na rede cos seus ordenadores,  e cada grupo escolleu unha diferente para facer a súa tarefa.



Coa información que atoparon fixeron o seu resumo, unha ilustración para montar entre todos os grupos un gran mural.

Noraboa polo traballo ben feito.

xoves, 7 de marzo de 2019

Entroido na Ponte


OOOLA!!

VAIA, VAIA. QUE BEN!, 
MENUDA FESTA!
TIVEMOS UNHA SORTE TREMENDA ESTE VENRES CO TEMPO PARA  FACER O DESFILE NO PATIO.
DISFRACES A PUNTA PALA E CADA UN MÁIS ORIXINAL.  MIRADE TODOS XUNTOS!
NA CLASE DE TRES ANOS
NA DE 5º DE INFANTIL
 NA AULA DE 6º DE INFANTIL
  NA  CLASE DE PRIMEIRO
 NA AULA DE SEGUNDO
NA CLASE DE TERCEIRO
 NA AULA DE CUARTO
 NA CLASE DE QUINTO
E NA CLASE DE SEXTO
SEGUINDO A TRADICIÓN,  OUTRO ANO MÁIS DON INOCENCIO, O MECO PEREGRINO DO COLE, FOI DECLARADO CULPABLE DE TODOS OS MALES QUE SE LLE IMPUTABAN POR UNANIMIDADE.
UNICORNIOS, PALLASOS, ANIMAIS, XIMNASTAS, MONXAS, SUPERHEROES, PERSONAXES DE CONTOS, ...
AS RIMAS QUE TRUXESTES NON ESTABAN NADA MAL.
 DESFILASTES UN POUCO A CORRER, COSTÓULLES AOS VOLUNTARI@S DICILAS POLA VOSA PRÉSA E ALGUNHAS FOTOS SAÍRON MOVIDAS.
O PRIMEIRO DESFILE DAS NENANS E NENOS DA CLASE DE 3 ANOS
CANDO REMATARONO DESFILE TODAS AS CLASES,  DESFILARON TAMÉN AS FAMILIAS QUE QUIXERON AMOSANDO OS SEUS DISFRACES.
MÁIS CHEGOU O MOMENTO MÁIS ESPERADO POLA CATIVADA,
 O GALO CANTARICO
 CORREU COMO NUNCA ESCAPANDO DOS MÁIS CATIVOS QUE NON LLE TIÑAN MEDO E ANDABAN SIN PARAR DETRÁS DAS SÚAS PLUMAS. 
O PROFE AVELINO FIXO UNHA ENTREVISTA PARA SABER QUEN COLLERA MÁIS PLUMAS.
CANTARICO QUEDOU DESPLUMADO E ESGOTADO NO SEU GALIÑEIRO DESPOIS DE CORRER TRAS SÚA OS NENOS E NENAS DE CATRO E CINCO ANOS.
COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA, A FESTA TIVO UN FINAL DOCE COAS LARPEIRADAS QUE APORTARON DE CASA AS FAMILIAS: ORELLAS, FILLOAS, ROSQUILLAS, FLORES, TORTAS,... PARA COLLER FORZA E BAILAR TODO O ENTROIDO.
LOGO DAS VACACIÓNS DE ENTROIDO, O ALUMNADO DE INFANTIL ENTERRARÁ A SARDIÑA.
 XA VOS CONTAREI.