domingo, 31 de marzo de 2019

Visita ao Salón do Libro Infantil

Xa nos tardaba a visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste curso.
Recibíunos ORBIL na entrada. Como xa fora polo colexio os máis pequenos estaban doentes por velo de novo e na súa casa.
Esta edición, 20 anos van xa, ten como eixe "A Revolución" e a Lusofonía
Antonio García Teijeiro, autor homenaxeado desta edición do Salón do Libro, visitou o noso colexio curso pasado.

Repartímonos  por grupos coas monitoras para ir ás distintas actividades que nos tiñan preparadas.
O alumnado de infantil estivo coa escritora portuguesa Margarida Botelho contou varias historias comparando a vida de dúas rapazas nunha contorna de cidade e dunha aldea da Amazonia, de Mozambique e de Lisboa.
Logo visita polo salón facendo xogos, vendo os traballos presentados e aprendendo moitas cousas sobre inventos revolucionarios e unha pequena retrospectiva das anteriores edicións.
Os maiores de primaria fixeron unha visita máis polo miúdo.
É unha marabilla a creatividade que amosan as creacións presentadas e que dun tema común para todos haxa unha variedade tan grande de propostas.

 O noso traballo lucía ben vistoso na exposición.
Esperamos con gran emoción o tema da próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario