mércores, 24 de abril de 2019

Abril, mes dos Libros


Vaia mes que levamos!
Martes 2, o alumnado de Primaria música con POeXÍA.
Martes 9, SuperLíderes  de terceiro curso.
Xoves 11, Obradoiro de Lingua MEIGALLO para 5º e 6º.
Venres 12, as voluntarias van á Escola infantil de Soutomaior e ao Centro de día "Boas Apertas" en Arcade.
O 23 tivemos xornada intensa, todo infantil foi a ver a obra de teatro “Guyi,Guyi” ao auditorio de Afundación, en Pontevedra e logo ao café moderno a ver unha exposición de fotos de mulleres familiares de distintas idades e o seus traballos.

Comezamos o día 24 coa lectura colectiva dun capítulo de “O Quixote” para toda a Comunidade Educativa. Participaron familias, voluntari@s e mestres. Este curso foi na sala de usos múltiples, xa que chovía a mares. 
Por segundo día, a actividade “libros a fóra” dentro outra vez, xa co alumnado de infantil. Repartíronse por todo o centro e atopabas lendo parellas, trios e/ou algún grupiño segundo por onde miraras.
Estes dous días a colaboración do alumnado voluntario foi valiosísima.
O alumnado de 6º de Primaria comezou un obradoiro de educación de valores na súa aula.
O xoves houbo unha charla sobre Arte Rupestre para o alumnado de 3º, 4º e 5º, previa a saída que fixeron o venres 26. Na clase de sexto curso remataron a actividade de Valores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario