sábado, 13 de abril de 2019

OOOLA!!

ONTE FOI UN DÍA CHEIÑO DE ACTIVIDADES.
POR UNHA BANDA, UN GRUPO DE VOLUNTARIAS FOI Á ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DE SOUTOMAIOR E AO CENTRO DE DÍA BOAS APERTAS, OS DOUS EN ARCADE.
POR OUTRA, AS NENAS E NENOS DA CLASE DE 3º DE PRIMARIA QUE PARTICIPARON NO CONCURSO ESCOLAR “SUPERLÍDERES” EN SANTIAGO.

REPARTÍRONSE POR TODAS AS OUTRAS AULAS PARA COMPARTIR E EXPLICAR AS SÚAS EXPERIENCIAS.

NON PODÍAN PASAR AO RETO SEGUINTE SEN RESOLVER O ANTERIOR.


EXPLICARON CALES FORAN OS QUE LLES PLANTEXARON E QUE CAMIÑO TOMARAN PARA RESOLVELOS MÁIS O QUE LLES ACONTECEU DURANTE O CONCURSO EN SANTIAGO.


AMOSARONLLES O SEU TRABALLO PREVIO NA AULA, COMO SE REPARTIRON OS PAPEIS NOS EQUIPOS COLABORATIVOS E COMO CHEGARON AO RESULTADO FINAL.
"XA VOS CONTARA QUE TIÑAMOS SUPERLÍDERES NO COLEXIO".
ATA LOGUIÑO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario