Se o mércores os protagonistas foron os maiores de
Boas Apertas, onte o protagonista foi o
alumnado máis pequeno do colexio.
Finalizamos o xoves as actividades da Semana das Letras
Galegas no colexio cun entrañable acto no que o alumnado de 1º de Primaria fixo
unha magnífica representación da vida de Antonio Fraguas Fraguas dende o nacemento
ao seu pasamento.
Houbo narradoras e narradores, actrices e actores que contaron e
representaron a súa vida dende o Antón máis neno ata o Antón máis velliño moi
ben caracterizados, Garda Civil incluída.
Cautivaron a todo o público que seguiu a obra con
gran atención, facendo máis dun papel con cambio de vestiario incluído.
Esta clase ten madeira de artistas.
Que ben o fixestes!
Noraboa á clase de primeiro pola obra.
Continuaron recitando
o poema de “O casamento da mosca e a pulga” estreándose a clase de tres anos.
Antes do vídeo, os "maiores" de infantil recitaron "O raposo" lucindo as súas carautas.
A continuación, visionamos o vídeo que fixeron no IES de Cotobade "Antonio Fraguas e os seus mestres".
O alumnado de sexto curso elaboróu
un traballo sobre a súa vida, pero en versión Banda Deseñada.
Repartíuse entre toda a Comunidade Educativa.
Aí volo deixamos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario