sábado, 26 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO

OOOLA!! 
OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS O Día das Bibliotecas Escolares, ESTE É O PROGRAMA:

ESTA VEZ TODO XIROU AO REDOR DO CINE, XA QUE ESE É O PROXECTO ANUAL QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO NOSO CENTRO. 
FIXEMOS UNS TAUMATROPOS QUE LEVAMOS PARA CASA.
Taumatropo. BiblioPinco 1920

PODES MONTALO E VER QUE PASA CANDO XIRA O CÍRCULO.
TEÑO QUE FELICITAR A TODO O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA QUE CONTINÚAN, UN CURSO MÁIS DÁNDOME UN RESPIRO CON TODO O TRABALLO QUE HAI QUE FACER NA MIÑA CASA.
REPARTIRON AS MALETAS VIAXEIRAS, COMPARTIRON AS MIÑAS AVENTURAS NO PAÍS DOS LIBROS;    CONTARON O CONTO DE "Carabuñas",

PRESENTÁRONME AO NOVO ALUMNADO E FALARON DAS NORMAS DA BIBLIO. 
DÉIXOVOS UN RESUMO CON IMAXES PARA QUE O VEXADES:
Preme este texto para ver máis
ESTOU ENCANTADO DE TER COÑECIDO A RAPAZADA QUE COMEZÓU ESTE CURSO NO COLE.
ABURIÑO!

venres, 25 de outubro de 2019

OOOLA!! 

MENUDO CONCERTAZO O MÉRCORES NO PAZO DA CULTURA!
"Teranga. El legado de los griots de Senegal"DO GRUPO Djilandiang.
O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA QUEDOU ENTUSIASMADO.

COÑECERON UNHA PARTE DA CULTURA AFRICANA A TRAVÉS DUN GRUPO DE MOZOS-AS QUE QUEREN MANTER VIVO O SEU LEGADO CULTURAL.
TAMÉN GOZARON DA VISITA GUIADA A EXPOSICIÓN Con D de Arte, DE Afundación
ABURIÑO!

mércores, 9 de outubro de 2019

Plan Director

Como xa ven sendo habitual,  dende o centro solicitouse outro curso máis a colaboración da Policía Nacional, dentro marco do PLAN DIRECTOR para a convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos.
 
Viñeron dous Policías Nacionais da Comisaría de Pontevedra ao colexio para dar unha charla de formación sobre problemas de seguridade e sobre os dereitos e liberdades fundamentais, valores e dignidade entre homes e mulleres e ciberacoso. Un deles xa é coñecido por ter vido varios anos seguido.
Falaron co alumnado 5º de primaria do acoso escolar, da violencia sobre a muller e a discriminación e de riscos asociados ás novas tecnoloxías entre outros.

Miraron un corto sobre o acoso e xurdiron varias cuestións interesantes.

A atención dos alumnos e alumnas foi total.

Recibiron uns folletos e guías con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso da internet e unha tarxeta cun adhesivo para por na cámara web do ordenador.



Deixámosvos un enlace doutro corto feito como material deste plan.
Esperamos que tomen nota destes consellos necesarios para a súa seguridade.