mércores, 9 de outubro de 2019

Plan Director

Como xa ven sendo habitual,  dende o centro solicitouse outro curso máis a colaboración da Policía Nacional, dentro marco do PLAN DIRECTOR para a convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos.
 
Viñeron dous Policías Nacionais da Comisaría de Pontevedra ao colexio para dar unha charla de formación sobre problemas de seguridade e sobre os dereitos e liberdades fundamentais, valores e dignidade entre homes e mulleres e ciberacoso. Un deles xa é coñecido por ter vido varios anos seguido.
Falaron co alumnado 5º de primaria do acoso escolar, da violencia sobre a muller e a discriminación e de riscos asociados ás novas tecnoloxías entre outros.

Miraron un corto sobre o acoso e xurdiron varias cuestións interesantes.

A atención dos alumnos e alumnas foi total.

Recibiron uns folletos e guías con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso da internet e unha tarxeta cun adhesivo para por na cámara web do ordenador.



Deixámosvos un enlace doutro corto feito como material deste plan.
Esperamos que tomen nota destes consellos necesarios para a súa seguridade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario