luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra á Muller

OOOLA!! 
HOXE COMMEMORAMOS ESTE 25-N NO COLEXIO CUNS MURAIS ELABORADOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E DE CUARTO DE PRIMARIA QUE DEIXAMOS NA ENTRADA Á VISTA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

 LEMBRADE QUE O MÁIS IMPORTANTE É TRABALLAR  TODOS OS DÍAS REXEITANDO A VIOLENCIA, EDUCAMOS EN IGUALDADE. 
                ABURIÑO!




venres, 22 de novembro de 2019

CIBEREXPERT@S

Este curso escolar o centro escolar solicitou de novo formar parte do programa “Ciberexpert@s” da Policía Nacional, desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a  súa contorna.
Comezaron coa formación hai dúas semanas, nas que aprenderon sobretodo o que "non se debía facer".
Onte,  logo de oito sesións de formación, o alumnado de 6º curso de primaria realizou unha proba para conseguir cadanseu carné de ciberexpert@s.
 

O colexio de Pontesampaio  está dentro do Proxecto Edixgal da Consellería de Educación e O.U. para a implantación do libro dixital nos centros educativos, polo que o contacto co ordenador e coa internet é constante para o alumnado de 5º e 6º de primaria.
 Esto último, xunto co uso continuo das novas tecnoloxías fai necesario que teñan ferramentas para navegar dun xeito seguro. 

sábado, 16 de novembro de 2019

O Magosto

OOOLA!! 
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
QUE SORTE QUE TIVEMOS CO TEMPO!
MALIA TER AMAGADO CHOIVA, PUIDEMOS GOZAR DUNHA MAÑÁ CON XOGOS TRADICIONAIS E O MAGOSTO NO PATIO, XUNTO COAS FAMILIAS COLABORADORAS OUTRO ANO MÁIS.
COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CAS PALABRAS, OLLADE:








 PASÁSTELO DE LUXO INDO DUN XOGO A OUTRO.

GUSTÓUME VER COMO O ALUMNADO DE MÁIS IDADE COIDABA DA CATIVADA.

AS NENAS E NENOS DE TRES ANIÑOS TIVERON O SEU PRIMEIRO MAGOSTO NO COLEXIO INDO DE XOGO EN XOGO AO SEU GUSTO, CUNHA MOREA DE VIXIANTES.

LOGO DE COMER AS CASTAÑAS AGASALLAMOS CUN DIPLOMA AOS FAMILIARES QUE VIÑERON AXUDAR NESTE MAGOSTO.
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

APROVEITAMOS PARA REPARTIR OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN: 
LEVARON CADANSEU LIBRO COMO PREMIO.
REMATAMOS A FESTA TISNADOS
ABURIÑO!!


xoves, 14 de novembro de 2019

Dalle á Lingua

OOOLA!! 

 XA PODEMOS ESCOITAR AS LECTURAS QUE GRAVASTES DE “SUPERLÍDERES”, O RETO MOTIVADOR E O QUE FALTABA DE A VOZ DO VERDUGO Nº 9 AO LONGO DA SEMANA QUE VEN, DO LUNS 18 AO VENRES 22 DE NOVEMBRO.

LEMBRADE QUE VAN A EMITILO EN DIRECTO A PARTIR DAS 11:50 DA MAÑÁ EN Ondacero. PONTEVEDRA.

·        NO DIAL 103.6 FM
·        NA APP DE ONDACERO SELECCIONANDO "PONTEVEDRA".

DÉIXOVOS OS ENLACES PARA ESCOITALOS EN DIRECTO NA INTERNET:
SE QUEREDES ESCOITAR AS GRAVACIÓNS QUE EMITIRON EN XUÑO  PREMEDE AQUÍ!

ABURIÑO!!

sábado, 9 de novembro de 2019

Efecto PO2

Rematamos a semana cunha actividade que forma parte do proxecto "Efecto PO2" co que o noso Concello quere concienciar a toda a xente e ao alumnado en particular sobre os efectos que o CO2  provoca no noso planeta, a reciclaxe e para previr o  Cambio Climático.
Lorena e Sandra, as monitoras que viñeron, comezaron explicando o proxecto e conversando coa rapazada sobre como crían que podería ser a súa cidade ideal. O que lles gustaría que tivera para mellorala ou que houbera nela.
Presentaron e leron o libro de Eva Mejuto "A miña cidade" que xa forma parte da nosa biblioteca.   
Levaron unhas teas xa pintadas cun debuxo de tubos de escape da mesma ilustradora deste libro, Susana Suniagae deseguido elixiriron o tema para decorar os panos.

Comezaron en primaria e continuaron na sala de usos múltiples co alumnado de infantil de 4 e 5 anos. 
As teas, cento por cento orgánicas, tiñan serigrafíados debuxos  deseñados por  ilustradora do libro e xa estaban preparadas para pintar o fume que saía dos tubos de escape dos panos. 


Como as aulas máis grandes son as de 3º e 5º de primaria, quedaron nas súas aulas xunto coa metade de clase de cuarto curso cada un. A cada clase foi unha monitora.  Tiveron que porse dacordo nos equipos para escoller o tema arredor do cal debuxar cadansúa tea. Fixeron obras de arte.
 O día 27 de novembro, vanse expoñer todos os traballos que se fixeron en todos os centros na Alameda, no paseo das Palmeiras. Lerase un manifesto feito coas ideas e aportacións dos nenos e das nenas dos colexios que participaron nesta xenial actividade. 
Ide ver as vosas creacións.


venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN


Outro ano máis chegou o Samaín ao colexio de PonteSampaio, máis este curso cun toque de Cine.



Preparamos relatos terroríficos, tivemos unha exposición cunha escolma de libros de bruxas, pantasmas, mostruos, vampiros, cabazas, e os favoritos foron os libros de "Mortiña" e o de "Los calzoncillos maléficos".

Colaboraron as familias preparando cos seus fillos e fillas unhas cabazas de medo, cun toque cinematográfico, como non! 
Houbo obradoiros de Cociña terrorífica, Contos de medo, Maquillaxe, Manualidades e proxeccións de Curtas de medo.

Nestes obradoiros participou todo o alumnado en grupos de distintos niveis que ían rotando dun obradoiro a outro. Parabéns para o alumnado voluntario de 5º e 6º curso de primaria que en todo momento estivo pendente dos máis cativos, tanto nos obradoiros como no túnel do terror.

Ao ser o segundo curso que se facía tivemos en conta as propostas de mellora do ano pasado.
Este curso quedou moi lucida a decoración do túnel do terror e a dramatización que fixeron nel os voluntarios.
Rematamos esta semana curta con cancións, conxuros e bailes terroríficos.
Parabéns para Noa, Xiana e Anxo que acadaron premios polas súas cabazas de película: "It", "BB8" e o primeiro premio para Anxo coa súa Cabaza dos "Cazafantasmas".
Non esquezades alumear as vosas casas coas cabazas  pola noite...
Agradecementos á Comunidade Educativa pola súa colaboración coas cabazas, os traxes e nos obradoiros deste curso. Graciñas!
Ahí vos queda un resumo en imaxes destas xornadas: preme a imaxe!!
Preme a imaxe!