sábado, 9 de novembro de 2019

Efecto PO2

Rematamos a semana cunha actividade que forma parte do proxecto "Efecto PO2" co que o noso Concello quere concienciar a toda a xente e ao alumnado en particular sobre os efectos que o CO2  provoca no noso planeta, a reciclaxe e para previr o  Cambio Climático.
Lorena e Sandra, as monitoras que viñeron, comezaron explicando o proxecto e conversando coa rapazada sobre como crían que podería ser a súa cidade ideal. O que lles gustaría que tivera para mellorala ou que houbera nela.
Presentaron e leron o libro de Eva Mejuto "A miña cidade" que xa forma parte da nosa biblioteca.   
Levaron unhas teas xa pintadas cun debuxo de tubos de escape da mesma ilustradora deste libro, Susana Suniagae deseguido elixiriron o tema para decorar os panos.

Comezaron en primaria e continuaron na sala de usos múltiples co alumnado de infantil de 4 e 5 anos. 
As teas, cento por cento orgánicas, tiñan serigrafíados debuxos  deseñados por  ilustradora do libro e xa estaban preparadas para pintar o fume que saía dos tubos de escape dos panos. 


Como as aulas máis grandes son as de 3º e 5º de primaria, quedaron nas súas aulas xunto coa metade de clase de cuarto curso cada un. A cada clase foi unha monitora.  Tiveron que porse dacordo nos equipos para escoller o tema arredor do cal debuxar cadansúa tea. Fixeron obras de arte.
 O día 27 de novembro, vanse expoñer todos os traballos que se fixeron en todos os centros na Alameda, no paseo das Palmeiras. Lerase un manifesto feito coas ideas e aportacións dos nenos e das nenas dos colexios que participaron nesta xenial actividade. 
Ide ver as vosas creacións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario