Non podiamos traballar nun proxecto sobre o cine
sen ter contacto con alguén que o vivira moi de preto.
Que mellor xeito de aprender sobre o traballo dos
actores e as actrices no cine que preguntarlle directamente a un deles?
Pincha aquí ! |
Pincha aquí para velo entrar |
Onte despregamos a alfombra vermella para recibir, nada menos que a
Luís Zahera,
un actor que conta cun GOYA ao mellor actor de reparto, entre os moitos premios que leva acadados ao longo da súa traxectoria nas artes audiovisuais.
Ao longo de varias xornadas o alumnado pescudou
información sobre o actor realizando despois unha presentación
multimedia coa súa traxectoria artística que foi proxectada ao principio.
Queredes ver de novo a montaxe que fixestes? Pincha aquí
Luís Zahera compartiu con nós unha xornada "de cine" na que contestou as moitas e variadas
preguntas que lle fixeron.
Queredes ver de novo a montaxe que fixestes? Pincha aquí
A través das respostas que deu soubemos detalles sobre o que máis lle gustaba, e o que non tanto, da súa profesión.
Ollade e escoitade o que pensaba cando era neno que ía ser ao medrar:
Nas respostas que ía dando apuntaba detalles e información do que supón unha rodaxe e a terminoloxía que usan na rodaxe das películas e das series.
Ollade e escoitade o que pensaba cando era neno que ía ser ao medrar:
Nas respostas que ía dando apuntaba detalles e información do que supón unha rodaxe e a terminoloxía que usan na rodaxe das películas e das series.
A súa materia preferida no colexio era a educación física.
Decidiu que quería ser actor logo de ir cunha das súas irmáns maiores ao teatro.
Non lle gustan nada nin os libros nin as películas de medo e tampouco os musicais.
De ter que escoller un, Petróleo, da serie Mareas Vivas é o papel
que recorda con máis agarimo, pero o traballo que máis lle gusta é o
que está por vir...
Lembrade como o dixo:
Lembrade como o dixo:
Contou que nos seus papeis
tocáballe case sempre ou morrer, ou matar ao actor protagonista.
Considérase moi afortunado na súa profesión por poder vivir exclusivamente do seu traballo como actor.
Considérase moi afortunado na súa profesión por poder vivir exclusivamente do seu traballo como actor.
Malia ser case sempre o malo da
película decatáronse pronto que soamente era "un papel", que na vida real era
todo o contrario e todo o mundo
quedou encantado coa súa amabilidade, sinxeleza e simpatía.
Felicitou aos
artistas que fixeron caricaturas da súa faciana, algunhas tiñan un parecido interesante.
Retratouse co alumnado de todas as clases e
deixounos as pegadas das súas mans plasmadas nunha baldosa, para o noso particular paseo da fama, onde quedarán como lembranza desta memorable visita.
Graciñas Luis Zahera por facer un oco na túa axenda para acompañarnos nesta xornada tan especial.
Saímos na prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario