sábado, 8 de febreiro de 2020

MERENDAS SAUDABLES



 Este curso o noso colexio participa no “Programa Escolar De Frutas, Hortalizas Y Lácteos”dentro do apartado da froita.

Comezamos o luns 20 de xaneiro.

Ao longo de dúas semanas houbo pezas de froita fresca para  merendar para todos.

 Plátanos, mandarinas, mazás, peras,  kiwis e arandos  foron as froitas que tomamos.
Houbo quen probou por vez primeira os kiwis e os Arandos.  Os kiwis foron un éxito total. 

O alumnado voluntario foi o encargado de repartir  a froita cada día á saída do recreo. Non paraban de animar aos outros nenos e nenas a coller unha peza de froita.

Ó ter tan boa acollida entre o alumnado, acordamos continuar repartindo froita para todos na merenda un día á semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario