OOOLA!!
VOU COMEZAR ESTE DIA CUNHA
MANUALIDADE PARA FACER BOLAS DE MALABARES OU DE ANTIESTRÉS, PARA O QUE VOS VEÑA MELLOR.
HAI TEMPO APRENDÍN COMO COMEZAR
MOVER AS PELOTAS DE MALABARES.
VOUVOS POÑER
UN VÍDEO NO QUE VOS APRENDEN COMO FABRICALAS CON GLOBOS E ARROZ, MÁIS TAMÉN
PÓDENSE FACER CON CALCETÍNS ENCARTADOS E DOUTRAS FORMAS QUE SE VOS OCURRA.
PRIMEIRO MIRADE NO VÍDEO :
E AGORA A PRÁCTICA TÓCAVOS A VÓS.
NO VÍDEO ÍA PASANDO DUNHA PELOTA
A DÚAS E A TRES MOI RÁPIDO PORQUE XA SABÍA, PERO REQUIRE ALGO DE PACIENCIA E TESÓN IR
PASANDO DE NIVEIS.
PRACTICADE CUNHA SOA LANZANDOA
CADA VEZ MÁIS ALTA E PROBADE CUNHA MAN E LOGO COA OUTRA.
CANDO TEÑADES SOLTURA É SEXADES
QUEN DE FACER ISTO ANDANDO POLA CASA É O MEMENTO DE PROBAR CON DÚAS, PERO NADA
DE DESÁNIMO, QUE LEVA TEMPO, COMO TODO.
SE MANDADES AO CORREO DO BLOG
VÍDEOS FACENDO MALABARES PODÉMOLOS VER TODOS E TODAS. IMOS BOTAR UNHAS RISAS
SEGURO.
PROBADE!
NESTE OUTRO ENLACE QUE VOS DEIXO, TEDES UNHA CURTA SOBRE A IMPORTANCIA DA COOPERACIÓN:
ÁNIMO FAMILIAS!
TODO VAI A IR BEN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario