UFFF!
QUE GAÑAS TEÑO DE ESTAR CON VÓS.
EU TAMÉN ESTOU ALGO ABURRIDO DE
NON TER VISITAS NA BIBLIO E DE NON PODER SAIR DO COLEXIO, PERO
A ESTE VIRUS ÍMOSLLE GAÑAR.
ESTIVEN PENSANDO NUN LIBRO QUE LERA
HAI ANOS. ERA UN DE VIAXES “CHULÍSIMO”, NON ME ACORDA AGORA
O TÍTULO, PERO FALABA DAS VIAXES LONGUÍSIMAS QUE SE FACÍAN, NON HAI TANTO, EN
BARCO. CREO QUE O CONTABA UNA RAPARIGA QUE ÍA DE VIAXE DENDE VIGO ATA AUSTRALIA
PARA REUNIRSE COA SÚA FAMILIA.
BOTABAN MESES NO MAR. LÉMBROME QUE LLE CONTARA O CAPITÁN DO BARCO QUE PARTE DO SEU TRABALLO ERA ANOTAR TODOS OS DÍAS NUN CADERNO… TIÑA UN NOME, NON ME LEMBRO AGORA, XA ME SAIRÁ MÁIS TARDE. POIS ESCRIBÍAN TODOS OS DÍAS SEN FALTA O QUE ACONTECÍA NO BARCO: QUE VENTOS TIVERAN, CANTA AUGA GASTABAN, SE HABÍA ALGUNHA LIORTA ENTRE OS MARIÑEIROS, OS RUMBOS QUE LEVABAN, AS COMIDAS QUE FACÍAN... ALÍ ANOTABANSE TODAS AS COUSAS.
A VERDADE... ESTOU MATINANDO QUE IGUAL
POIDO FACER ALGO COMO ISO.
SI! , VOUNO FACER.
ESCRIBIREI ALGUNHA
COUSA QUE ME VEÑA Á CABEZA TODOS OS DÍAS.
COUSAS QUE POIDADES
FACER NA CASA PARA PASAR O TEMPO.
COMO TEÑO A BIBLIOTECA ENTEIRA
PARA MIN, VOU PROPOÑERVOS ALGUNHA COUSA
INTERESANTE TODOS OS DÍAS CO QUE VAIA ATOPANDO POR AQUÍ.
XA ME LEMBRO!!
“CADERNO DE BITÁCORA”
ASÍ É COMO SE CHAMABA.
BEN SEI QUE NON IDES NUN CRUCEIRO
DAQUELES, TEDES A VOSA FAMILIA, CAMA, COMIDA, PAPEL HIXIÉNICO, TELE, BAÑO,...
MAIS IGUAL QUE A XENTE QUE
VIAXABA NAQUELES BARCOS, O QUE TEMOS EN COMÚN É QUE NON SABEMOS SEGURO CANTO TEMPO
VAI DURAR A NOSA VIAXE…
A VERDADE QUE XA LLES GUSTARÍA
ESTAR COMA NÓS.
QUE VOS PARECE SE FACEDES COMA MIN
UN CADERNO DE BITÁCORA? EH?
QUE VOS PARECE SE FACEDES COMA MIN
UN CADERNO DE BITÁCORA? EH?
PODEMOS ANOTAR, DEBUXAR, PEGAR CALQUERA COUSA ,
PERO ALGO CADA DIA: XOGOS, RECEITAS, TAREFAS NA CASA, DEBUXOS, O QUE APRENDEMOS,
ACTIVIDADES, O QUE AXUDAMOS,...
XA SEI QUE ALGUNHAS DE VOS E
ALGÚNS TAMÉN, AÍNDA NON ESCRIBIDES MOITO, MAIS PODÉMOS PEDIRLLE AXUDA A ALGUÉN
MAIOR QUE ESTEA CON NÓS NA CASA, OU FACELO ENTRE VARIAS PERSOAS.
ÁNIMO FAMILIAS!
TODO VAI A IR BEN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario