OOOLA!!
Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de
xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo
chan.
As medidas de hixiene son para
previr os contaxios.
De momento non queda outra que
usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen, aínda que se poidan lavar e reutilizar
algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de
lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
“NUNCA
BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes
ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos
e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus,
nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias
confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra
fase, pero “con sentidiño”.
Xa van chegando as vosas
aportacións. Lembrade que aínda estades a
tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO
FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario