A
primavera chegou e pasou sen dactarnos case e xa estamos no verán. Non
vos esquecer que rematou o estado de alarma, pero o coronavirus non
desapareceu, está aí e temos que seguir con precaucións.
Xa
se que é complicado, pero é o que hai!
SENTIDIÑO é o que precisamos.
Lémbrovos
as medidas de precaución que debemos seguir mantendo:
ü --> LAVA AS MANS CON FRECUENCIA
ü --> EVITA TOCAR OS OLLOS, O NARIZ E A BOCA.
ü --> USA MÁSCARA SE NON PODEMOS MANTER UNHA DISTANCIA SEGURA.
ü --> AO TOSER OU ESBIRRAR, CUBRE A BOCA E O NARIZ CO CÓBADO FLEXIONADO.
ü --> USA PANOS DESBOTABLES E BÓTAOS NO LIXO.
ü --> A DISTANCIA DE SEGURIDADE É DE 2 METROS.
Lembrade que o mellor xeito de reducir o risco
de infección, de calquera tipo, é ter unha boa hixiene e evitar o contacto
directo ou próximo (nunca a menos de 1 metro, e preferiblemente, 2 metros)
Paseniño van abrindo os establecementos, pero o sentidiño que non falte.
Déixovos unhas recomendacións de lecturas para que
teñades onde escoller este verán.
Ata setembro!
ÁNIMO FAMILIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario