ESTE OUTONO NON DEIXAMOS ATRÁS O MAGOSTO, ESTA FESTA TAN NOSA DO MES DE NOVEMBRO. ADAPTÁMOLA AS CIRCUNSTANCIAS ACTUAIS.
NAS DISTINTAS AULAS E NIVEIS, FOMOS PREPARANDO OS TÍPICOS CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS, Á VEZ QUE ESCOITABAMOS CANCIÓNS CON REFERENCIAS A ESTA TRADICIÓN DO OUTONO.
ESTE CURSO AS FAMILIAS COLABORARON ACHEGANDO UNHA PRESA DE CASTAÑAS PICADAS POR NENO/A E LEÑA PARA ASALAS.
ESPERAMOS O CURSO QUE VEN PODER CONTINUAR COS OBRADOIROS DE XOGOS TRADICIONAIS COA PRESENZA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO.
O TEMPO ACOMPAÑOU DURANTE A XORNADA E GOZAMOS DESTA TRADICIONAL FESTA COIDANDO AS MEDIDAS DE SEGURIDADE, GARDANDO AS DISTANCIAS E XOGANDO SEN MESTURARSE OS GRUPOS BURBULLA.
QUE SORTE TEMOS CO NOSO CASTAÑEIRO JOSE.
CON TODA A LEÑA QUE TRUXESTES ASOU AS CASTAÑAS PARA COMELAS NOS GRUPIÑOS DE CLASE.
QUE BOAS ESTABAN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario