A conmemoración do Dia da
Paz no colexio foi un pouco diferente ás dos anos anteriores.
En cada aula traballamos
arredor da figura dunha personaxe galardoada co premio Nobel da Paz de
diferentes países. Pescudamos información das persoas e do país de procedencia
para contextualizar os datos e aumentar os lugares do mundo polos que viaxamos
seguindo o noso proxecto anual.
Acordamos compartir todas as clases a información destas figuras relevantes da historia a través dunha exposición oral recollida nun vídeo.
Na clase de tres anos aprenderon moitas cousiñas sobre Nelson Mandela gañador doPremio Nobel da Paz en 1993.
A tradición do colexio de cantar e bailar unha canción con esta temática mantivémola, iso si, con algún cambio polo protocolo Covid-19.
Cantar, cantamos; bailar, bailamos, pero cada
clase na súa aula. Xa o veredes.
Escollemos unha canción
tradicional dos maorís de Nova Zelandia, cuxa cultura e filosofía céntrase no
amor e o coidado que a maioría deste pobo sinte polo medio ambiente.
Esta é a tradución da letra ao galego:
1, 2, 3, 4
Fagamos unha fila xuntos, xente
Todos nós, todos nós.
Fagamos unha fila xuntos, xente
Todos nós, todos nós.
Busquemos despois o coñecer
e amar aos outros, todos!
Actúa como un,
Pensa como un.
Todos nós, todos nós.
Todos nós, todos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario