No
colexio traballamos pola igualdade todos os días. Aínda así, o achegarse estas
datas, incidimos un pouco máis neste tema.
Contactamos con tres ex alumnas do colexio para facer o 8 de marzo unha mesa redonda. Lorena, Jessyca e Irene accederon de boa gana a participar con nós nesta actividade. As tres son traballadoras de éxito nas súas profesións.
Lorena Conde: actriz de
teatro, escritora gañadora do III Premio María Victoria Moreno de
Literatura Xuvenil co seu libro “Velloucas e
minchas” e actualmente profesora no IES
Fragas do Eume.
Jessyca
Ocampo:
fotógrafa profesional; autora do libro o “Mapa do Medo” que recolle a
testemuña de máis de 150 vítimas galegas acosadas en espazos públicos.
Irene
Lages: médica ciruxiá no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Onte foi a videocoferencia con elas
tres por cisco-webex.
Conectámonos en todas as clases á vez con elas agás Jéssyca, que gravou un agarimoso vídeo para nós (compartímolo ao principio).
Graciñas
ás tres por compartir con nós o voso tempo nesta xornada tan especial e por
facerlle ver ás rapazas e rapaces deste colexio, que con traballo, dedicación e
esforzo poderán chegar a ser o que queiran.
A igualdade faise todos os días paseniño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario