Dentro do Calendario do Libro e da
Lectura, coincidindo coa data do
seu nacemento no ano 1837, o 24 de febreiro celébrase o
Día de Rosalía de Castro.
Na hora de ler, nas aulas
do colexio limos versos dos poemas escollidos e o alumnado plasmou a súa
faciana con variados estilos plásticos.
As cancións do disco “Rosalía pequeniña” de Uxía amenizaron a nosa xornada.
Estes últimos cursos, as familias da Comunidade Educativa deste centro están colaborando con nós
na lectura dunha escolma de breves textos dos poemas da autora homenaxeada.
celebración dun acto conmemorativo, no que se lee unha escolma na sala usos múltiples.
Contamos con que máis
adiante poidamos retomar este bo costume e manteñamos a tradición. Estas son imaxes
doutras celebracións:
Ningún comentario:
Publicar un comentario