domingo, 24 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas Escolares 2021

 OOOOLA!!

HOXE 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

COMO ESTE CURSO CADRA EN DOMINGO, CELEBRAREMOLO MAÑÁ LUNS NO COLEXIO.

TEMOS QUE CONTINUAR GARDANDO AS MEDIDAS DO  PROTOCOLO COVID.

NON PODEMOS XUNTARNOS, PERO DURANTE AS SESIÓNS DE HORA DE LER VEREMOS TODAS AS CLASES Á VEZ O VÍDEO QUE GRAVARON TRES VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA DE 6º CURSO PARA ESTE DÍA.CONTANOS A HISTORIA DE PINCO NO PAÍS DOS LIBROS.

Preme  para ver o vídeo


SE QUEREDES, TAMÉN PODEDES LER ESTE CONTO AS VECES QUE QUEIRADES PREMENDO NA IMAXE DA CUBERTA.

Preme para ler

CANDO SALGA AO RECREO O ALUMNADO DE INFANTIL TERÁ COMO SORPRESA UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS AO AIRE LIBRE COAS VOLUNTARIAS.

REMATAREMOS O DÍA COA SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS CARGADIÑAS DE LIBROS, XOGOS, LIBRETAS VIAXEIRAS E ILUSIÓNS.

O QUE QUEDA DE DÍA VOUNO PASAR LENDO AS NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA QUE ESTÁN ESPERANDO POR VÓS.

ABURIÑO!!

¡OLLO! COAS DISTANCIAS


xoves, 14 de outubro de 2021

Retomando actividades

A Policía Nacional de Pontevedra retomou este curso a actividade do

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna  nos colexios do Concello.


Somos o primeiro colexio de Pontevedra no que comeza a formación este curso.

Onte estiveron con nós tres policías nacionais  na aula de 5º de educación primaria para realizar esta actividade co alumnado.

Incidiron, sobre todo, o que leva consigo caer nas Tecno-Adicións e os perigos da navegación pola internet sen ter en conta algunha precaución e as consecuencias de non telas en conta.

Presentación na aula
Comezo da formación.

As alumnas e os alumnos desta clase atenderon con interese e fixeron gran variedade de preguntas sobre algunha dúbida que tiñan.

 Máis adiante será o alumnado de 6º curso de Primaria o que participará ao longo de varias sesións para acadar o carné de Ciberexpert@s.