A Policía Nacional de Pontevedra retomou este curso a actividade do
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna nos colexios do Concello.Somos o primeiro colexio de Pontevedra no que comeza a formación este
curso.
Onte estiveron con nós tres policías nacionais na aula de 5º de educación primaria para realizar esta
actividade co alumnado.
Incidiron, sobre todo, o que leva consigo caer nas Tecno-Adicións e os perigos da navegación pola internet sen ter en conta algunha precaución e as consecuencias de non telas en conta.
Presentación na aula |
Comezo da formación. |
As alumnas e os alumnos desta clase atenderon con interese e fixeron gran variedade de preguntas sobre algunha dúbida que tiñan.
Máis adiante será o alumnado de 6º curso de Primaria o que participará ao longo de varias sesións para acadar o carné de Ciberexpert@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario