luns, 28 de febreiro de 2022

Rosalía de Castro 23 F

 

Outro ano máis gozamos da presenza das familias neste homenaxe a Rosalía de Castro, no ano que se celebra o seu nacemento o propio día, e non o do seu bautizo.

As familias participantes prepararon un poema nas casas para declamalo nun pequeno acto conmemorativo.

Seguindo a proposta da AELG,  plantamos pensamentos nas macetas das clases, limos o poema do corredor con pictogramas, houbo debuxos da súa faciana e souberon que os pensamentos eran  as flores preferidas de rosalía.

A celebración do acto na pista do patio foi presentada polo alumnado voluntario, leron as nenas e os nenos coas familias, mestres, representantes da ANPA e ao final recibiron cadanseu planta de ... Pensamento.


Graciñas a toda a comunidade educativa por apoiarnos.

xoves, 24 de febreiro de 2022

Pincomanda xoves

 OOOLA!! 

  XA VOS TARDABA, EH?  

¡HOXE TOCABA PIXAMA!

MÁIS NON O SOUBESTES VER.

DESTA VEZ NON PREGUNTASTES,

BEN SOUBESTES QUE POÑER.

PROGRAMADO XA O TIÑAMOS,

COMO PETOS CALABAMOS.

😂 😂 😂 😂 😂 😂 😂 😂 😂

MOITO OLLO CON VIR DA CASA,

COMO SALISTES DA CAMA!

PARA VER MÁIS,


ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

mércores, 23 de febreiro de 2022

Pincomanda mércores

     OOOLA!! 

HOXE É O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE

 ROSALÍA DE CASTRO.

ATA ESTE ANO 2022, NON SE CONFIRMOU QUE A DATA CORRECTA DO SEU NACEMENTO FORA O 23 DE FEBREIRO DE 1837

O 24 DE FEBREIRO É A DATA DO SEU BAUTIZO.


CELEBRAREMOS NO COLEXIO AS DÚAS DATAS, O  MÉRCORES 23 COA PINCOMANDA 
E SEMENTANDO PENSAMENTOS NAS XARDIÑEIRAS DAS AULAS. 
 O XOVES 24 COA LECTURA COLECTIVA DE POEMAS SEUS, COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS (UNHAS NO COLEXIO E OUTRAS DENDE A SÚA CASA). 

ESTA COMANDA ERA DOADA DE CUMPLIR,
 NON Sl?


LEDE BEN ESTA COMANDA.

AGORA...

CUMPRINDO OS VOSOS PENSAMENTOS!!
😄 😄 😄 😄 😄 😄 😄

PARA MAÑÁ PINCO  MANDA:

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

martes, 22 de febreiro de 2022

Pincomanda martes

    OOOLA!!  
HAl QUE LÍO DE COMANDA🙀🙀
PERO,
 ¿QUE HAl QUE TRAER?

SOMENTE TlÑADES  QUE ABRIR OS VOSOS OLLOS E MIRAR A NOSA PONTE
😂😂😂😂😂,
MIRAR PARA ELA E CONTAR
CANTOS OLLOS TEN A NOSA PONTE.
E TRAELOS PEGADOS 
😉😉😉COMO UNHA LAPA😉😉😉


PARA MAÑÁ PINCO  MANDA:

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS



luns, 21 de febreiro de 2022

Día da Lingua Materna

   OOOLA!! 

HOXE LUNS 21 DE FEBREIRO CELEBRAMOS DENDE HAI XA 20    ANOS    NAS    ESCOLAS    O

 DÍA  INTERNACIONAL   DA   LINGUA    MATERNA.

PARA PROMOVER O PLURILINGÜISMO E A DIVERSIDADE CULTURAL.

PREME    CON     AGARIMO    PARA   VER    MÁIS

QUE VERBAS TAN BONITAS ESCOLLESTES,

A DE LINGUAS QUE TRAEDES

DE SENTIMENTOS, DE ACCIÓN

DE ANIMAIS, DE LINGUAS, AGARIMOSAS

PALABRAS PARA TODAS AS OCASIÓNS

ESPALLADAS  E SILENCIOSAS.

SEGUISTES MOI BEN A PINCOMANDA,

PERO ESTO AQUÍ NON REMATA...

PARA O MARTES PINCO VOS MANDA:

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

xoves, 17 de febreiro de 2022

Pincomanda do Luns

  OOOLA!! 

                    MIRA, HOXE HOUBO CONTO,

DE  TRES ANOS  ATA  SEXTO

ANTELA, NENA LARPEIRA

               APARECEU  DE  PRIMEIRA.

 

   CIGARRÓNS  E  ALGÚN  CHOQUEIRO

VAIA   XOVES  ENTROIDEIRO. 

XA  NON  PODO  ESPERAR  MÁIS!!

                        PINCOMANDA  HOXE  TERÁS!

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

Contos choqueiros

 OOOLA!! 

       Co gallo do Entroido, houbo hoxe

no colexio unha xornada  de

“Contos Choqueiros” 

para todos os cursos con

Pedro Brandariz.

Foron pasando pola sala de usos múltiples as tres clases de infantil, e de primeiro a quinto de primaria.

Alumnxs de 4º e 5º de infantil

Alumnxs de 4º e 5º de infantil
1º Primaria e infantil 5 anos

Alumnado de 1º de primaria e de 6º de infantil.










Participaron desta actividade en quendas de dúas clases cada unha.

3º e 4º curso de primaria.
Mantivéronse os  grupos separados e as fiestras abertas ao longo de toda a actividade, segundo marca o protocolo Covid do centro.

3º e 4º de primaria






4º e 5º curso de primaria.
O alumnado de 6º de primaria realizou esta actividade na súa aula.
Clase de 6º curso de primaria

Pedro amosou varios complementos dos disfraces do Entroido noutras zonas de Galicia  e ensinou como era a festa nas distintas localidades galegas.

 Levou os libros  “É tempo de Entroido” e “Non pare a festa: É tempo de Entroido”  de Ramón D. Veiga (Xerais)
e "Tomás o bromista" de Jorge Rico Ródenas de Kalandraka.

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

venres, 11 de febreiro de 2022

Día da nena e a ciencia.

OOOOLA!!

Este martes 8 todo o alumnado de primaria do colexio participou nunhas charlas virtuais argalladas por a asociación Aseica por mor do Día da Nena e a Ciencia. A través da iniciativa CONÓCELAS 2022, Aseica presenta ás "Detectives del cáncer".

Son un equipo que potencia a labor das mulleres investigadoras de cancro en España, concienciado a o alumnado dos colexios para que estuden ciencias, e que coñezan ás investigadoras que hai detrás de cada bata.

Marta Barturen foi a investigadora que  falou co alumnado de  1°, 2° e 3° de Primaria conectándose por Weebex.

Contestou as preguntas que tiñan preparadas e as que xurdiron ao longo da súa presentación.

No caso de 4°, 5° e 6° de Primaria,  conectáronse e charlaron coa científica Sofía Tirado.

 Nas tres aulas  quedaron encantadas coa presentación que fixo. A participación do alumnado foi moi activa.


 
Explicaron cando decidiron e porqué escoller carreiras de ciencias,

 canto tiveron que estudar, como e porqué decidiron adicarse elas á investigación.

Contaron tamén que traballaban en Equipos Cooperativos, compartindo os avances e os descubrimentos que facían.

Todo isto contáronllo cunha presentación moi didáctica e ilustrativa, bastante amena e axeitada aos distintos grupos de alumnas e alumnos.

Quedóulles ben claro que para entrar no laboratorio cómpre poñer sempre bata e as luvas para non contaminar ningún dos experimentos do equipo.

Grazas por compartir con nós esta experiencia.